A VILA E CIDADE DE PONTEVEDRA VIVIU UNHA MULTITUDINARIA FEIRA FRANCA
Infogauda / Pontevedra
O pasado venres arrincou a undécima edición da Feira Franca e fíxoo ao grande, gozando própios e vistantes ao máximo, dun evento plenamente consolidado, e proba diso foron as 230 mesas autorizadas para máis de 7.000 persoas que gozaron das comidas e cea nas rúas e prazas da cidade. Prácticamente toda a vila estivo engalanada, nomedamente seu casco histórico, para acoller á os milleiros de persoas que camiñaron ao longo e ancho do centro ataviadas con traxes de época e dispostas a gozar ao máximo de dous días de festa. Recordemos que esa XI edición estivo adicada aos "Camiñantes", todas aquelas persoas que chegaban a Pontevedra ben por actividades comerciais ou ben a través do Camiño de Santiago, igual que fixeorn onte sábado os miles de persoas que visitaron a cidade para gozar da que é, sen dúbida, unha das mellores feiras medievais, se non a mellor. Artesanía, gastronomía, danzas, música, malabares, cabaleiros, doncelas, mesoneras, paxes,..., todo iso e moito máis, foi o que ofreceu Pontevedra, qe como díxo o poeta "é boa vila é da de beber a quen pasa".
Premer eiquí para acceder á galería de imaxes correspondentes a xornada vespertina de onte sábado, onde a animación nas rúas de Pontevedra, o bó ambente, a excelente climatoloxía e a fermosura e monumentalidade da cidade, contribuiron a que a Feira Franca fose éxito, cuio mérito lles corresponde nomeadamente, e en primeiro lugar, os organizadores e os veciños de Pontevedra, e tamén, como non, os milleiros de visitantes que se achegaron para disfroitar dese evento no que Pontevedra voltou o século XV.
Ningún comentario:
Publicar un comentario