ÓSCAR VICENTE, TERCEIRO NO CAMPIONATO DO MUNDO DE DUATLÓN
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O rosaleiro Óscar Vicente Rodríguez, que foi recibido onte no Concello, vén de conseguir no seu primeiro ano na categoría sub 23 unha sensacional medalla de bronce no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Edimburgo (Escocia) o domingo 5 de setembro.
Óscar, que dende esta temporada conta con novo adestrador (Luis Piña, seleccionador galego de Triatlón) formou -ademais- parte do equipo do Cidade de Lugo Fluvial que alcanzou a vitoria o pasado 8 de agosto na “Copa del Rey de Triatlón por Clubes”. Os seus compoñentes: Miguel Ángel Acosta, Jesús Gomar, David Castro, Adrián Vázquez, Javier Gómez Noya e o propio Óscar.
O vindeiro 18 de setembro este xove deportista competirá no “Campeonato de España de Triatlón por Selecciones Autonómicas” que este ano se celebrará en Cangas do Morrazo.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Os de QUISQUEYA dixeron:
Enoraboa Oscar, nos alegramos moito por tí, logo por o teu entrenador Luis. Boa sorte en Cangas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario