A ASOCIACIÓN OS AMIGOS DE CAMPOSANCOS ORGAIZA VARIAS ACTIVIDADES PARA O SÁBADO 11 DE SETEMBRO
Infogauda / Camposancos
A Asociación Recreativa e Cultural Os Amigos, de Camposancos tén previstas varias actividades a celebrar o vindeiro sábado día 11 deste mes de setembro. O programa comenzará a partires das 4 da tarde no Torreiro de Camposancos, onde terán lugar varios Xogos Populares nos cales poderán participar persoas de 1 a 99 anos. Haberá premios.
E logo dos xogos tradicionais, a partir das 7 da tarde dará comezo unha Mariscada, con viño tinto e pan de broa. Están convidados tódolos veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario