8 de set. de 2010

A GUARDA

A ASOCIACIÓN InfoMAXE AGRADECE Á COLABOURA RECIBIDA


- A exposición montada nos baixos do Colexio PP. Somascos, poderá visitarse até finais de setembro







InfoMAXE / A Guarda



InfoMAXE quer agradecer a todas aquelas persoas que a raíz da exposición que temos instalada nos baixos do Colexio dos PP. Somascos, que de xeito desinteresado nos teñen aportado varias cámaras fotográficas xa en desuso, que quedaron desbancadas polas dixitais. Desta maneira a nosa colección víuse agrandada en 15 cámaras de distinto tipo, que posiblemente co paso do tempo terminarían nos contenedores de lixo.
Por eso noso agradecemento a Rogelito, Eliseo, Brasileiro, e outras persoas que nos fixeron este aporte.
Asimesmo, e de maneira especial a Manuel Villa Troncoso (MANÉ), que nos aportou unha boa cantidade de fotografías e clichés de distintas épocas do noso pobo así como tamén varias cámaras, unhas en donación e outras en depósito, especialmente a que usaba o fotógrafo e fundamentalmente recoñecido pintor de Goián, D. Antonio Fernández.
Decir que a exposición continuará ata finais de setembro, e esperamos poder seguir recollendo máis material, indistintamente que as cámaras (fotográficas, filmadoras, proxectores, etc.) funcionen ou non, xa que serán ben recibidas, tanto en donación como en depósito, xa que calquer método e bó menos que desaparezan

Ningún comentario:

Publicar un comentario