8 de set. de 2010

A GUARDA

A FAMILIA DO CLUB CICLISTA GUARDÉS FIXO O CAMIÑO DE SANTIAGO



Tonio Camposino / A Guarda


Case a totalidade dos membros do Club Ciclista Guardés, o domingo día 5 de setembro, saíron dende A Guarda as oito e media da mañá en bicicleta cara a Santiago para realizar unha etapa de 136 Km. chegando a praza o Obradoiro cando soaban as dúas da tarde.
O resumo da etapa, utilizando a xerga ciclista, foi deste xeito: o paquete do pelotón mantívose compacto porque os capos levaron un ritmo adecuado indo todos a roda. Algúns organizaron o seu autobús despois de pasar Padrón porque a distancia íase deixando notar. Non se produciron abanicos por falta de vento. Había globeros que fixeron o afiador sen producirse montoeiras. A estes recomendábaselle comer e beber para non sufrir unha páxara e que fixeran molinillo para non cascar as pernas. E mellor facer a goma nas subidas, non cebarse, regular, e logo nas costas abaixo, prato e tuerca, e a tumba aberta. Na meta non houbo esprint.
A familia, que saíra as once da mañá nun autobús da empresa ATSA, conducido por un membro do club e na que traballan case media ducia de asociados, recibiron a os ciclistas co cántico de “campeones”, porque o igual que a selección, o maillot do Club Ciclista Guardés e roxo. A xesta realizada merecía case o mesmo recoñecemento.
A comitiva dirixiuse a os xardíns de Xoán XXIII e mentres os ciclistas se refrescaban e mudaban as roupas o resto da familia foi preparando o xantar a base de empanada e bocadillos para repor forzas.
Despois de xantar nos diriximos o Casino para degustar dun estupendo café e a continuación a visita obrigada a o noso Patrón Santiago.
Uns paseos polas rúas da cidade e as seis da tarde xa todos no autobús rubo A Guarda con parada nunha area de servizo para merendar con preciosa vista a ría de Vigo.
A expedición chegou a destino as nove da noite coa sensación xeneralizada de haber pasado un día inesquecible.
Dende aquí invitamos aos amantes da bicicleta a que se fagan membros do club e compartan con nós experiencias deste tipo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario