25 de set. de 2010

A GUARDA

CATRO MOZOS NO MONTE SANTA TREGA


Infogauda / A Guarda

Que non se diga que non hai futuro, ou que éste é gris. Habendo mocedade todo se supera, por moito que algúns falen de crise. Que é certa, xa o sabemos. Con laiarnos non imos a ningures. Haberá que colle-la búxola e procurar atopar a dirección correcta. Quen sabe o que nos agarda. É unha incógnita. O que non o é son os amigos, a música, a poesía,... Velaí catro mozos, xunguidos pola amizade. Esa expresión de humanidade que todos precisamos, e que neste caso nucleouse arredor da música, a voz e o carisma de Tino Baz.
Hai futuro. Vaia se o hai!

Ningún comentario:

Publicar un comentario