A CIG valora moi positivamente o seguimento da folga xeral no conxunto de Galiza durante as primeiras horas da xornada deste 29
O sector industrial secunda masivamente o paro, superando mesmo as previsións e a participación acadada na mobilización do ano 2002
Cos datos que a CIG ten neste intre, no sector industrial o paro é masivo e todo semella indicar que mesmo se supera a participación acadada na folga xeral de 2002, que daquela estivo por riba do 75 por cento. Alén dos principais polígonos industriais, nas principais cidades galegas no houbo actividade nin da recollida de lixo nin de transportes urbanos. Cómpre salientar que mesmo unha empresa emblemática como é Citröen, en Vigo, non se puido pór en marcha a liña de produción. En todo caso, e segundo os datos de Rede Eléctrica Española, o consumo de electricidade reduciuse considerablemente e constátase que é como o dun domingo.
A CIG agarda comprobar nas próximas horas cal será a incidencia final en sectores como o comercio e a función pública, que polo de agora sitúase nun 50 por cento na global, mentres que aumenta a un 60 nos servizos centrais da Xunta e na Administración periférica. No caso do Ensino universitario, o paro foi total, secundado polas tres universidades galegas. No non universitario a folga foi moi relevante tamén. Na industria e na construción sitúase nun 75 por cento, o transporte de viaxeiros entre un 80 e un 90 por cento e nun 100% na limpeza viaria. Dende CIG-Banca indican que o seguimento acadado no sector foi superior ao de calquera folga anterior, situándose nas cidades entre un 60 e un 70 por cento.
Para a CIG é de especial gravidade o papel que está a ter a policía en certas cidades, cunha enorme agresividade contra os piquetes, indo máis alá nas súas funcións do papel de vixilancia que debería ter converténdose, nalgúns casos en auténticos contrapiquetes.
Neste sentido a CIG denuncia as identificacións masivas que se fixeron nos piquetes na Coruña e as identificacións realizadas en Compostela na propia entrada do local desta central sindical. Dende a central nacionalista lembran que grazas á labor dos piquetes informativos moitos traballadores e traballadoras galegos puideron exercer o seu dereito á folga, que estaba a ser conculcado con presións en moitas empresas.
Por outra banda, a CIG quere desmentir a información publicada por distintos medios de comunicación na que se daba conta da detención en Lugo de catro membros do sindicato que supostamente foran sorprendidos realizando pintadas na cidade. Sosteñen que ningunha das persoas arrestadas é afiliada da central e que nin sequera participaron no piquete informativo organizado pola CIG nas rúas da cidade. De feito, a detención destas dúas persoas produciuse cando xa se disolvera a mobilización.O que si fixo o secretario comarcal da CIG de Lugo foi interesarse polos afectados.
Todo parado nas primeiras horas
A central salienta que practicamente todos os polígonos industriais das principais cidades galegas permaneceron sen actividade a pesar de que moitas empresas teñen quendas de noite.
En Vigo, Citroën tivo que parar a liña de produción ao non contar con suficientes traballadores/as, mentres que en Zara-Loxística, no polígono de Sabón, na Coruña, non entrou ninguén a traballar. Na cidade herculina e na comarca tampouco saíron os camións de limpeza viaria e recollida do lixo e pararon as obras en Punta Langosteira.
Dende a central denuncian que nesta cidade a Policía española identificou indiscriminadamente a moita xente que se atopaba na rúa, ademais de parar a rexistrar numerosos vehículos.
En Vigo tampouco houbo actividade nos polígonos empresariais e a hostelería do centro da cidade secundou masivamente o paro. O Faro de Vigo tampouco sae hoxe á rúa.
En Pontevedra pararon, entre as máis importantes con quendas nocturnas, Celulosas e Treves, de igual xeito que no resto de cidades galegas.
En Compostela paralizouse totalmente a actividade en Televés, Castrosúa, Tórculo, Arteal e autobuses urbanos.
No caso de As Pontes, pecharon as empresas con actividade nocturna: Einsa e a recollida do lixo.
En Ourense suspenderon a súa actividade as principais empresas con quendas de noite do polígono de San Cibrao das Viñas.
Na cidade de Lugo paralizouse a actividade na hostelaría, no transporte e nas panadarías. Así mesmo ás doce da noite ficou suspendido o servizo de limpeza.
No caso de Ferrol, está parado o traballo en Navantia, a recollida de lixo e a actividade das empresas con quenda de noite do Polígono de Río do Pozo en Narón.
Pola zona de Verín detívose a actividade en Construciones Carrajo, Roberto Verino e Tendas DyD.
Así mesmo, en Cee tamén parou a hostelaría e Ferroatlántica.
As empresas de Vilagarcía paralizaron a súa actividade en todas as quendas de noite, sen que se rexistraran incidencias de ningún tipo.
Vídeo do secretario comarcal de Vigo valorando as primeiras horas da folga xeral na cidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario