25 de set. de 2010

LABORAL

Consecuencias da nova reforma laboral para os dereitos da clase traballadora

Confederación Intersindical Galega


Facilita e abarata o despido, que pasa a ser subvencionado, e converte todos os contratos fixos en temporais


A Confederación Intersindical Galega presenta unha análise pormenorizada das consecuencias que a reforma laboral terá para os nosos dereitos como clase e para as nosas condicións de vida. O traballo foi realizado por Luís Burgos, membro do Gabinete Técnico Confederal da CIG. Unha reforma á que as galegas e galegos temos que dar unha contundente resposta na xornada do vindeiro mércores 29 de setembro, sumándonos masivamente á folga xeral.

O pasado día 9 de setembro, ás 11,45 da mañá, o Pleno do Congreso aprobaba a lei de medidas urxentes para a reforma laboral. O Goberno español e o partido que o sostén culminaban así unha nova agresión contra a clase traballadora para beneplácito do capital. A historia repetíase una vez máis e o chamado socialismo español –que nin a socialdemocracia chega- volvía xestionar os intereses do mercado seguindo as directrices do neoliberalismo global como se dun goberno conservador se tratase

Ler máis.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:

Anónimo dixo:

Assolutamente d'accordo con lei. In questo nulla in vi e credo che questa sia un'ottima idea.

Condivido pienamente il suo punto di vista. In questo nulla in vi e credo che questa sia una buona idea. Pienamente d'accordo con lei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario