25 de set. de 2010

BAIXO MIÑO

A ASOCIACIÓN VONTADE DO BAIXO MIÑO ORGANIZA O 1º CONCURSO DE MONÓLOGOS E CHISTES






Asociación Vontade / Baixo Miño

A Asociación de Discapacitados de Baixo Miño (Vontade), entidade que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) está a organizar un concurso de monólogos e chistes.

Aberto a todas as persoas que queiran rir e facer rir aos demais, este concurso pretende ser unha oportunidade para amosar as dotes humorísticas de todos os veciños e veciñas da comarca do Baixo Miño.

A celebración do concurso vai ser o vindeiro domingo 17 de outubro ás 19:00 horas no Auditorio de Goián. Un dos artistas recoñecidos que vai actuar no evento fóra de concurso vai ser o actor e humorista Carlos Blanco. Tamén se vai contar coa actuación do paiaso Luchi que se encargará de entreter noutra sala anexa aos rapaces e rapazas.

Haberá premios para os mellores en simpatía e o custo da entrada será de 6€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario