12 de ago. de 2010

A GUARDA

IMAXES DO ENCONTRO MULTILABORES


IMAXES DO CONCERTO HOMENAXE A TERCEIRA EDADE




Infogauda / A Guarda


Na tarde onte mércores, día 11 de agosto, a Praza de San Bieito acolleu dous eventos incruídos dentro da programación das Festas do Monte Santa Trega. Un deles foi o Encontro Multilabores e deseguido o Concerto Homenaxe a Terceira Edade.
No Encontro Multilabores participaron persoas das tres parroquias de A Guarda que en vivo e en directo, fixeron unha demostración da súa creatividade e destreza en diferentes tipos de labores (bolillos, bisutería, artesanía en bolsos, ...) que resultou unha convivencia magnífica.
A continuación tería lugar o Concerto Homenaxe a Terceira Edade, na que tódolos públicos puderon disfroitar cos acordes da Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luís Alonso Treinta.
No decurso do concerto tamén foi presentada a Raíña da 3ª Edade e as Damas de Honra, que o vindeiro sábado participarán no Desfile Folclórico Rexional das Festas do Monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario