31 de ago. de 2010

A GUARDA

SAÍDA NOCTURNA


Un pequeno grupo dunhas 15 ou vinte persoas permaneceo con nós. Pero o ruído producido previamente polo numeroso grupo que asistiu ás actividades e o uso de vehículos, "chafou" totalmente a xornada. (Foto: Ricardo Portela Vilas -Anabam)
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda
Organizada polo Concello da Guarda, contando coa colaboración de ANABAM, desenvolveuse unha actividade denominada "Os sons do Terroso", consistente nunha saída nocturna na que se pretendía identificar as aves nocturnas da zona, utilizando reclamos para elo, a través dos sons. Esta actividade resultou un total fracaso por unha serie de conxuncións que, esperamos, sirvan de experiencia para vindeiras ocasións.

En primeiro lugar, realizar esta actividade conxuntamente con outra (observación de petroglifos) polo que a descordinación foi total.

En segundo lugar a utilización de vehículos en pleno monte, o que ocasionou un grande atasco na pista e, o máis grave, a moi probable huída das aves nocturnas que puidera haber nos arredores.

En terceiro lugar o gran número de persoas que participaron, superaban as 150, algo é incompatíbel coa observación e escoita.

En cuarto lugar, dado o número de persoas, o silencio total resultou imposible, o que repercutiu na escoita.

En quinto lugar, algúns ían en plan de cachondeo, resultando as súas "grazas" un tanto pesadas e irrespetuosas, tanto para os que querían sacar proveito da visita como para nós.

E en sexto lugar a total descordinación que houbo, xa que a organización e os colaboradores deberiamos ter unha reunión conxunta e ver o terreo polo que nos íamos mover previamente.

Con este panorama, o que podería ser unha actividade interesante, a noite axudábamos moitísimo para elo dado a agradable temperatura, resultou ser un total fracaso. Soamente escoitamos de lonxe por un curto espazo de tempo, debilmente, o canto dunha avelaiona. Salvounos a presenza dun pequeno raposo que durante máis de media hora andivo preto de nós tal vez algo despistado.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Algúns teñen que xustificar as subvencións que reciben. Estes homiños todo o que eles fan está ben, exemplo molestar as aves, animais que realizan súa actividade de noite cando teñen que cazar para comer é molestar a outras aves, animais que descansan. Se algunha persoa que acude a estas xuntanzas para "meterse man de noite" ja,ja,ja, rompe unha perna, brazo etc.., ¿teñen seguro? Están acompañados de un médico, ambulancia, pagarán algunha tasa a comunidades de montes, Medio Ambiente etc...
Para realizar algunha actividade algúns teñen que empeñar un riñón mentras que os corruptos teñen tóda a protección dos caciques do chamado goberno guardés.
Anónimo dixo:
Menos mal que por agora o fotójrafo oficial xa non está pedindo axuda económica na súa páxina. Con todo o que traballou non vrán e se lle pagaron os seus xefes pois estar contento. Miraremos que reportaxe faxerá nas festas do barrio do alcalde frustrado. Xa o contentaron con a su praza, e seguramente dentro de pouco polleránlle o seu nome ou apodo.
Anónimo dixo:
Polo menos o "fotójrafo oficial" como lle denominan tantos "inteligentes" traballa e fai máis que algúns polo noso pobo. Menos hipocresía e ignorancia!
Anónimo dixo:
O fotógrafo oficial traballa pra os seus intereses ante todo, como ben se está demostrado, xa que a publicidade da súa páxina non é de balde, e dudo que escritos que canten as verdades pra beneficio de todos, como pasa en outras páxinas teña o valor de polas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario