2 de xul. de 2010

OURENSE

XORNADAS PARA ESPECIALISTAS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL


Infogauda / Ourense


As XORNADAS SOBRE A DIRECTIVA BOLKENSTEIN NO ORDENAMIENTO XURÍDICO ESPAÑOL E AS IMPLICACIONS NAS ENTIDADES LOCAIS DAS NOVAS FORMAS DE CONTROL DOS CIDADÁNS, realizaronse no Centro Cultural da Deputación de Ourense os días 1 e 2 de xullo, organizadas polo Negociado de Formación desta institución, coa asistencia técnica do Grupo Editorial A Lei, baixo o patocinio da Fundación Caixa Galicia e coa colaboración da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
As xornadas, desenvolvidas baixo un enfoque teórico-práctico, contaron coa participación dun elenco de seis expertos nacionais nas distintas materias afectadas coordinados polo Maxistrado e actual Secretario Xeral do Concello de Madrid, Federico López da Riva Carrasco. Entre a trintena de asistentes a estas xornadas atopábanse os secretarios e interventores de diferentes concellos e mancomunidades da provincia, así como técnicos da Diputación Provincial e do Concello de Ourense.
As xornadas abordaron como eixe temático esta nova directiva de servizos que aporta un cambio transcendental na prestación de determinados servizos aos cidadáns, e que deberá servir para favorecer o desenvolvemento e implantación das actividades empresariais e comerciais en xeral, simplificando e abreviando de xeito substancial os trámites administrativos necesarios para a posta en marcha de calquera iniciativa desta índole. Fronte á tradicional desconfianza das administracións públicas cara aos cidadáns, esta nova directiva e a lexislación española de desenvolvemento invisten os términos, modificando o preceptivo control da actividade a priori, a través das licenzas e autorizacións, por un control posterior á apertura e entrada en funcionamento do establecemento.
Cambio de cultura que se basea na aplicación efectiva do principio de presunción de veracidad das declaracións e comunicacións que ao efecto haxan de realizar os interesados, favorecendo desta forma a posta en marcha de iniciativas e proxectos vitais para o desenvolvemento económico dos municipios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario