A DEPUTACIÓN PRESENTA O TREN TURÍSTICO “GALAICO EXPRESO RIBEIRA SACRA”

Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do tren turístico “Galaico Expreso Ribeira Sacra”, un proxecto liderado polas deputacións de Ourense e Lugo, acompañadas polos concellos de Ourense e Monforte de Lemos e que percorrerá as ribeiras do Miño e Sil.
Esta actuación de promoción turística supón o primeiro paso para a sostenibilidade do proxecto de recuperación de seis vellas estacións de ferrocarril da Deputación-Inorde, das que tres abren as súas portas este fin de semana como albergues da Vía da Prata: Vilavella, Campobecerros e Vilar de Barrio. A estas estacións sumaranse as de Santa Cruz de Arrabaldo, Baños de Molgas e Os Peares, esta última xa aberta e que será parada do percorrido do tren para visitar a Aula do Ferrocarril instalada nesta estación. O acto de presentación do tren turístico contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, e a concelleira de Turismo do Concello de Ourense, Ana Garza. Baltar dixo que con este proxecto “pretendemos que o Galaico Expreso Ribeira Sacra una o interior de Galicia a través do ferrocarril o vindeiro ano, coa posta en marcha dun convoi que teña como percorrido: Lugo cidade, Monforte, Os Peares, Ourense, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Campobecerros e Vilavella, para posteriormente regresar”.O presidente provincial considera que con esta iniciativa “corrixiremos un déficit que ten a nosa provincia, como é a dispersión dos recursos, e o tren turístico será o fío condutor que os unirá, sendo un producto diferenciador que pode xerar economía no rural”.As deputacións de Ourense e Lugo participan no proxecto aportando cada unha o 40% do financiamento mentres que os concellos de Ourense e Monforte aporta o 10%. As achegas van destinadas á decoración de cada un dos dous vagóns de que consta o tren; á xestión do tren, limpeza, servizos de a bordo, venda de billetes e atención aos pasaxeiros; e no que atinxe ao apartado de maquinistas estase negociando o tema para que os cuestes sexan asumidos polo Ministerio de Fomento.Ademais, esta iniciativa conta coa colaboración en destino dos concellos de Celanova, Allariz, Ribadavia, Cea, e do Padroado provincial de Turismo, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o Mosteiro de oseira, o Consello Regulador do Pan de Cea e o Grupo Caldaria, así como coas empresas Iberdrola e Ferrovial. A idea é que, ademais da viaxe en tren, os turistas poidan visitar e coñecer outros lugares próximos á área de influenza do tren.O tren constará dunha locomotora, un salón de audiovisuais, outro salón-cafetería, unha oficina de información turística e dous coches de primeira clase en compartimentos de seis viaxeiros.A súa viaxe inaugural para prensa e autoridades terá lugar o vindeiro sábado, ás 10.30 horas, co saída da estación Ourense Empalme e con destino a Monforte, cunha parada en Os Peares. A partires do domingo, 18 de xullo, e ata o 19 de setembro, o tren estará a disposición dos viaxeiros que o desexen. Haberá dúas saídas dende Ourense a Monforte (ás 11.00 horas e ás 20.30 horas) e de Monforte a Ourense (ás 9.30 horas e ás 20.30 horas). O prezo de ida e volta é de 22 euros e para un só traxecto é de 14 euros. Para máis información: teléfono 607 866 029 ou na web: www.expresoribeirasacra.com.

Ningún comentario:
Publicar un comentario