14 de xul. de 2010

A GUARDA

ORDENANZAS MUNICIPAIS ¿PARA QUE?





No Pleno Ordinario do 06.09.2004, foi aprobada a Ordenanza Municipal Reguladora da Ocupación Temporal de Terrazas, que pretendía normalizar o material a utilizar nas terrazas dos establecementos abertos o público.
Entre outras disposicións, sinala:
PUNTO 7.- As solicitudes de licencia faranse anualmente nos meses de xaneiro e febreiro no Rexistro Municipal, tendo que ser resoltas na primeira quincena de marzo.
PUNTO 8.- …a licencia terá carácter anual e establécese o período de ocupación de xuño a setembro. Este cuatrimestre da dereito a instalación de terraza en semana Santa e as fins de semana (pontes) que a climatoloxía o permita e así o desexen os titulares ata o 31 de decembro.
PUNTO 9.- ….Non se admite fraccionamento, e as solicitudes fora do prazo ordinario que recolle a presente ordenanza non levan consigo reducción do importe establecido con carácter xeral.
PUNTO 11.b.- … As instalacións nas beirarrúas deberán posibilitar o paso peonil pola zona máis próxima as edificacións, establecéndose un ancho mínimo de 1,20 mts. a este fin.
PUNTO 12.a.- As cores que se establecen nos parasoles e toldos serán: branco/beig, granate/burdeos, azul mariño e vrde botella. Establecéndose unha cor por terraza.
12.c.- … As cadeiras serán de aluminio na súa cor natural...ou de madeira.
12.e.- NINGUN DESES ELEMENTOS PODERA TER PUBLICIDADE, SALVO A ROTULACION DO TOLDO QUE PODERA LEVAR O NOME DO ESTABLECEMENTO.

QUEDA CLARO QUE UN PASEO POR CALQUER RUA DO NOSO POBO DONDE HAXA BARES E CAFETERIAS, NON NOS AMOSA UNHA SOA TERRAZA QUE CUMPLA CON ESTA ORDENANZA.

Pero hai máis, en dita Ordenanza, nos Artigos 13, 14, 15, 16 e 17, fala das obrigas dos titulares da Licencia, como a retirada das terrazas o fin da xornada, ou a colocación da Lista de Precio e o Horario de funcionamento.
Aquí non remata o texto xa que do Artigo 18 o 23 ordena os tipos de SANCIONS POR INCUMPLIMENTO de dita Ordenanza.
A Disposición Transitoria nº 3 establece un período dunha anualidade a partir da entrada en vigor da Ordenanza (2005) para acomodar o mobiliario das terrazas o establecido na presente norma.
Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, consideramos que se non se está facendo caso desta Ordenanza Municipal, o normal, o lóxico sería anulala, senón é esa a intención do Equipo de Goberno, está facendo deixación das súas funcións, xa que a mesma está vixente, e polo tanto debe aplicala de xeito inmediato. Se non é posible a súa aplicación, debe ser modificada e adaptada a realidade cotián do noso pobo.
A Guarda, a 13 de xullo do 2.010




Celso R. Fariñas
Portavoz Grupo Municipal Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario