30 de xuño de 2010

OURENSE

PRESENTACIÓN DO ANTEPROXECTO DO CENTRO INDUSTRIAL CÁRNICO DE ALTA TECNOLOXÍA


Infogauda / Ourense

A Deputación de Ourense acolleu a presentación do anteproxecto do Centro Industrial Cárnico de Alta Tecnoloxía (CICAT), que ten previsto instalarse en Xinzo de Limia, e que se converterá “nun referente tecnolóxico e económico no sector cárnico de Galicia”, segundo dixo Fernando Ramón Álvarez, presidente do Grupo empresarial ICG, promotor do proxecto.
O anteproxecto que foi entregado hoxe ao alcalde de Xinzo de Limia, Isaac Vila, prevé un investimento de 50 millóns de euros, 250 emprego directos de alta cualificación e 500 empregos indirectos, e podería entrar en funcionamento a finais do ano 2012.Fernando Ramón explicou que para ser competitivos “temos que adiantar a Europa no eido da tecnoloxía, e o que o Grupo ICG propón para a industria cárnica que poremos en marcha en Xinzo é unha tecnoloxía de vangarda que nos permitirá envasar 450.000 barquetas diarias de carne para a súa venda directa a grandes e medianas superficies de España e Portugal. Só así, con tecnoloxía y con recursos humanos altamente cualificados poderemos competir en calquera mercado”.Ramón puntualizou tamén que a posta en marcha deste proxecto empresarial “non supón unha competencia para ninguén, “senón que buscaremos sinerxias e a posibilidade de colaborar con outras empresas do sector, sempre na procura de mellor competitividade”.O CICAT dedicarase a realizar todo o proceso de trazabilidade de gando vacún e porcino, dende o sacrificio ata o procesado, envasado e loxística para poñer o produto final nas grandes e medianas superficies. En canto a elección de Xinzo como lugar para situar a industria, Fernando Ramón dixo que é “un lugar estratexicamente situado tanto para operar no mercado español e portugués”.Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, agradeceu ao Grupo ICG o feito de que pensara “en Xinzo, en Ourense e en Galicia para traer o proxecto industrial”, e comprometeuse a colaborar dende a Deputación “para axilizar todos os trámites administrativos necesarios” para que esta importante iniciativa empresarial sexa realidade canto antes.Tamén o alcalde de Xinzo, Isaac Vila, dixo que esta será unha iniciativa que contribuirá a dinamizar Xinzo e a súa comarca, e afirmou que se está a traballar nas xestións dos terreos que o Grupo ICG necesita para a súa imprantación no Parque Empresarial de Xinzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario