19 de xuño de 2010

O ROSAL

O meu recunchiño

Nun recunchiño fermoso do sur de Ghalicia
hai un paraíso que coma unha flor se chama O Rosal.
Augha doce, augha salgada, as súas terras baña,
e os montes abrazan moitos regheiriños en este gran val.

Treixadura, albariño, algho de loureiro e tamén caíño
fan que O Rosal teña un viño especial.
Bebe raparigha bebe e come percebes dos de Portecelo
que de seghuriño non che fará mal.

Se pasas polo Tamuxe, nos meses de inverno
pola mañán cedo, seghuro que ves moitas luces brilar.
Non teñas medo rapaza que isto non son meighas nin tampouco trasnos,
son os nosos homes que están a pescar.

Indo para San Martiño, coa tella pro santo
parei no Picón-e para da súa fonte un tragho beber.
Aquel ghrolo deume alento, e seghín camiño
sin imaxinarme a de muíños de augha que eu ía poder ver.

Nun recunchiño fermoso do sur de Ghalicia
hai un paraíso que coma un flor se chama O Rosal.!!!



Berta Castro González





Ningún comentario:

Publicar un comentario