O CLUB DE REMO ROBALEIRA ACADOU ONTE O TÍTULO DE CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRAINEIRIÑAS, CATEGORÍA XUVENIL MASCULINO
Imaxes: Todoremo.com



Infogauda / A Guarda
Aos remeiros, adestradores, directivos, patrocinadores e siareiros do Club de Remo Robaleira, de A Guarda, cábelles o honor de disfroitar de un novo e importante éxito deportivo: Que a tripulación xuvenil masculina do Club de Remo Robaleira haxa acadado na mañá de onte domingo, día 6 de xuño de 2010, en augas arousás, o título de Campións de España de Traineiriñas.
O logro non foi un agasallo da organización, nin dos árbitros, nin moito menos dos demáis remeiros. Para nada!
O Campionato de España é a consecuencia de un traballo continuado, riguroso, esforzado. Dos remeiros do Club de Remo Robaleira, en primeiro lugar; e de toda á familia do deporte do remo de A Guarda.
Como guardeses sentímonos orgullosos de importantísimo logro deportivo dos rapaces do Club de Remo Robaleira, que é a proba máis evidente de que en Robaleira estánse facendo as cousas ben.
De tódolos xeitos, temos unha dúbida que nos gustaría que alguén nos dese súas respostas. A dúbida é a seguinte: Porqué cando un equipo de fútbol acada un título, poñamos por caso, o de campión de liga, saen a rúa non poucos siareiros, facendo ostentación da súa ledicia - facendo soar as buguinas dos seus vehículos - e o mesmo tempo locindo distintivos dese equipo, que o fín e o cabo, pouco ou nada teñen que ver coa nosa cultura mariñeira; e cando os remeiros do Club de Remo logran un título, ván nunha furgoneta os esforzados deportistas que o acadaron e tan soio media ducia de siareiros?
Con esa pregunta non queremos molestar a ninguén. Cada ún é libre de apoiar o equipo que desexe. Desde Infogauda coidamos que os guardeses debéramos estar cos nosos. É do pobo. E o Club de Remo Robaleira é noso.
Parabens!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario