7 de xuño de 2010

ROBALEIRA CAMPIÓN DE ESPAÑA


Vídeo da TVG sobor da regata na que Robaleira acadou o Campionato de España de Trainerillas, na categoría Xuvenil Masculina


Miguelorio Vicente González / Arousa

Esta fin de semana disputouse en augas arousanas o Campionato de España de trainerillas na que o Club de Remo Robaleira chegaba por segunda vez na historia e acadaba o título na categoría xuvenil masculina por primeira vez. Unha regata espectacular onde os remeiros de Robaleira deron a sorpresa na final, despois dunha mala regata clasificatoria (sábado), onde pelexaron ca tripulación cántabra de Astillero á cal non puido cos nosos remeiros.
A tripulación de Robaleira encabezou a regata de principio a fin sin afrouxar en ningún momento impedindo que os cántabros ou outra tripulación conseguira adiantarlles. Cun final de infarto proclamaronse campións a so 3" e fan historia (Ivan, Pazos, Jorge, Miguel, Josito, Abel e Rodri) conseguindo o primeiro título como xuveniles e na modalidade de trainerillas.

Tamén destacar a actuación do Náutico de Vigo en Absolutas Femenino xa que contaban cas nosas xuveniles (Angela, Cris, Silvia e Laura) subcampionas de España en batel, que lograron un meritorio 3º posto.

Agora, rematada a tempada de trainerillas, só queda a categoria de maior importancia, comezan as traiñas, e este ano por fín, Robaleria participará na Liga Galega de Traiñas (que comeza a vindeira fin de semán) por primeira vez, polo que este ano, as traiñas voltarán A Guarda na regata que o noso clube organizará o 24 de Agosto, puntuable para a liga. Esperamos o apoio da afección, socios e patrocinadores neste novo e difícil reto que o noso clube comeza esta semán.

Se queres axudarnos e unirvos nesta nova aventura, pásadevos pola nova sección de "patrocinio" . Noraboa aos xuvenís masculinos e femininos polos éxitos acadados e...COMEZAN AS TRAIÑAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario