7 de xuño de 2010

A GUARDA

ÁBACO FELICITA AO CLUBE DE REMO ROBALEIRA POLOS LOGROS OBTIDOS NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS

Foto: T. Nogueira

Ábaco / A Guarda
Desde a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ queremos felicitar ao Clube de Remo “Robaleira” pola clasificación de Campións de España en Traineriñas na categoría de xuvenil masculina, acadada a pasada fin de semana en Vilaxoán, felicitalos tamén pola bandeira de Campións Galegos en Traineriñas nesta mesma categoría obtida na outra semana.

Parabéns a todos os compoñentes do Robaleira, sobre todo aos mozos e mozas que dedican horas de esforzo e traballo entrenando diariamente, porque sin eles non poderíamos presumir dos merecidos resultados obtidos neste deporte, no deporte guardés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario