TAPICES FRORAIS E DE SAL, NA CELEBRACIÓN DO SANTÍSIMO SACRAMENTO
A alfombra da "curva do convento" constituiu unha homenaxe de lembranza a Rodrigo Fernández Estévez - recentemente falecido -, autor do seu deseño, ó longo de moitos anos.
Premer eiquí para acceder á unha nova galería de imaxes
Logo de máis de un mes de traballo de recolección e debullado dos materiais vexetais necesarios, A Guarda voltou a honrar o Santísimo coa confección de tapices de frores e de sal, tarefa na que as mulleres foron maioritariamente as que levaron a maior carga de traballo, ainda que en honor a verdade, tamén colabouraron algúns homes e nenos/as. Dese xeito, chegado o sábado día 5 de xuño deron escomenzo os traballos de marcado no chán, dos deseños elexidos, que como vén sendo costume foron todos eles diferentes nos correspondentes tramos de rúas. Escomenzando a carón da Praza do Reló, e continuando pola Praza de Ignacio Sobrino, Rúa Oliva, Rúa Hernán Cortés, Praza de José María Lomba, Rúa Malteses, A Ribeira e Rúa Concepción Arenal.
A pesares de que na mañanciña do domingo o vento estragou parcialmente parte do traballo dos/as alfombristas, recibiu moitas e merecidas loubanzas esa labor que foi seguida de preto por milleiros de persoas chegadas de diferentes pobos da contorna e mesmo doutros lugares do país, feito que acredita a merecida fama dos tapices frorais de A Guarda, que certamente teñen moito mérito, máxime cando un ano máis, o grupo municipal de goberno, non editou nin espallou ningún cartel anunciador das alfombras do Santísimo. E ainda así a afruencia de público foi a máis, ó longo de toda a mañá do domingo, e nas horas e intres previos a solemne procesión.
Rematada a misa solemne, deu escomenzo a procesión que contou coa participación de numerosas persoas, así como de diversas confrarías piadosas representadas polos correspondentes estandartes portados por membros das mesmas, que ían franqueados por nenos/as que fixeron súa Primeira Comuñón. Asemade, tamén ía o estandarte da Sección da Adoración Nocturna e o tra-lo palio portado por membros desa sección, ía a custodia co Santísimo Sacramento, portada polo P. Angel Luís Airas, director do Colexio PP. Somascos, de A Guarda. O seu carón, o párroco de Santa María de A Guarda, Jesús García Villadóniga.
Tamén ía unha representación da Policía Local de A Guarda, portando o pendón municipal, e inmediatamente despois varias autoridades civís e militares, e outras representacións. E pechando a procesión a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta.
Desde Infogauda felicitamos a tódolas/os veciñas/os que fixeron posibles os fermosos tapices frorais na honra do Santísimo Sacramento, pois constitúen toda unha expresión do fervor popular é o mesmo tempo, unha magnífica mostra da creatividade e do traballo en equipo, da nosa xente.

OS VOSOS COMENTARIOS
Anónimo dixo:
Isto é unha paletada de xentes que teñen o cerebro comido polo clero. Ademais é un delito ecolóxico ca recollida de plantas e flores. O alcade "XAN TELMO" regala rosca e chocolate para mercar votos unha visión ou un soño do inútil que nos representa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario