6 de xuño de 2010

GALICIA

Augas de Galicia vén de adxudicar obras nos concellos de Ponteareas, Oia, Catoira e Cabanas


Medio Ambiente investirá case 2 millóns de euros en catro actuacións hidráulicas na provincia de Pontevedra.
No caso da actuación na rede de saneamento nas Medelas, en Covelo as obras comezarán neste mes de xuño.
Infogauda / Galicia
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar catro actuacións en materia hidráulica en catro concellos distintos da provincia de Pontevedra por un importe que ascende a 1.819.939 euros. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financiará a posta en marcha de obras de saneamento e abastecemento, así como de mellora das estacións de tratamento de augas pluviais nos concellos de Ponteareas, Oia, Catoira e Cabanas. Todas estas actuacións se desenvolverán nun período medio de catro meses, agás no caso de Ponteareas, xa que para o proxecto e a obra da Etap de Ponteareas, na súa primeira fase, serán necesarios uns 15 meses.
O principal obxectivo destas obras é, no caso das obras de Oia, eliminar as verteduras de augas residuais ao mar dende os núcleos que se atopan no borde do litoral; en Ponteareas é para dotar a este concello dunha estación de tratamento de auga potable; no concello de Catoira acometerase a segunda fase da rede de abastecemento e saneamento; e, por último no concello de Covelo para mellorar o saneamento actual do Barrio das Medelas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario