1 de xuño de 2010

A GUARDA

MARIA GARCÍA ORDUNA, DO CLUB SAN XEROME, CAMPIONA DE ESPAÑA EN LANZAMENTO DE DISCO
Na fotografía aparece Mingos Albadalejo Rendo, no podium recibindo a medalla de 3º clasificado da categoría de competición de máns do Presidente da Federación española de deportes para personas con discapacidad intelectual (FEDDI), o andaluz Antonio Carlos Gómez Oliveros.
José Carlos González Blanco / A Guarda
A pasada fin de semana tivo lugar nas Pistas do Estadio da Xuventude en Pontevedra, o Campionato de España de atletismo organizado pola Federación española de deportes para personas con discapacidad intelectual (FEDDI).

Na competición participaron 53 Clubes de todo o Estado español, cun total de 307 atletas.

A representación do Club Deportivo San Xerome, obtivo uns resultados excelentes. Destacamos a medalla de ouro como primeira clasificada na máxima cateoría de competición na especialidade de lanzamento de disco a atleta residente en San Miguel de Tabagón (O Rosal), María García Orduna. Medalla tamén na maxíma categoría e na mesma especialidade, neste caso como terceiro de España, para o tudense Mingos Albadalejo Rendo.
Importantísimo tamén o éxito do equipo femenino da categoría adaptada ; Amparo Ferreira Alvarez (A Guarda) e Maite Santos Fernández (Tomiño), obtiveron o primeiro posto na clasificación por equipos.

A participación en diferentes finais do resto dos componentes do equipo: Borja Cadilla Lomba (A Guarda), Luis Antonio Sández García (Tui), Javier Portela Vieira (O Rosal) e Francisco Martínez Varela (O Rosal), son a proba do importante traballo desenrolado polos adestradores voluntarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario