1 de xuño de 2010

PONTEVEDRA

O PP cualifica de “absolutamente falsas” as declaracións de Mosquera e incide en que, se actuou de forma irregular, “fíxoo en todo momento á marxe do partido”

A PP non ten nada que ver coas accións dos ex edís de Gondomar que se están a xulgar actualmente en Vigo
· Incide en que desde esta formación política “non se aceptan, nin se permiten, nin se avalan accións que son claramente ilegais”

Infogauda / Pontevedra


A traverso d´un comunicado de prensa remesado os medios de comunicación social, e recibido na mañá de hoxe na Redacción de Infogauda, o Partido Popular provincial de Pontevedra cualifica de “absolutamente falsas e totalmente inaceptables” as declaracións realizadas onte polo ex concelleiro de Gondomar, José Luis Mosquera, e incide en que desde esta formación política “non se aceptan, nin se permiten, nin se avalan accións que son claramente ilegais”.

Nesta liña, o dirixente provincial, Rafael Louzán, asegurou descoñecer “qué fixo exactamente a título persoal este señor, pero o que si podo afirmar de forma rotunda é que, fixese o que fixese, fíxoo en todo momento á marxe do partido”.

O PP provincial quixo deixar claro que esta formación política “non ten nada que ver” coas accións dos ex edís de Gondomar que se están a xulgar actualmente en Vigo e reiterou que se o ex edil gondomareño aceptou algún tipo de suborno na súa etapa de concelleiro “non o fixo, desde logo, polo partido, que ten as súas vías de financiamento totalmente legais e rexeita de plano este tipo de actitudes”.

CRÍTICAS DO PSdeG
Así mesmo, e en relación ás críticas realizadas polo secretario de Organización do PSdeG en Pontevedra, Luis Piña, os populares rexeitan “calquera lección ética” dos socialistas, máxime nun momento no que “teñen como número dous da súa organización a nivel autonómico a quen está baixo a sospeita de ter organizado unha ampla trama de financiamento ilegal das súas actividades de partido valéndose de cartos de todos os galegos e galegas”.
Segundo se afirma no comunicado de prensa dos populares, o dirixente provincial do PP vincula os ataques dos socialistas á súa “preocupante situación interna, marcada por unha máis que evidente falta de liderazgo”, e a un “temor máis que fundado” a que os resultados que os levaron a perder a Xunta empeoren aínda máis de cara ás municipais. Desde a perda da Xunta, os socialistas teñen unha teima especial en desprestixiar ao PP e esa teima vaise facendo máis grande a medida que as súas perspectivas electorais para 2011 son cada vez máis negras, o que, “os leva a soltar de cando en vez certas boutades, síntoma claro do seu estado de nerviosismo”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario