PILY ÁLVAREZ EXPÓN EN TOMIÑO, SEUS TRABALLOS EN FORXA
Infogauda / Tomiño
A partires das 20.00 h. deste xoves día 6 de maio e ata o mércores día 2 de xuño, ás 23.00 h., a Viñoteca e Xamonería da Praza do Seixo, na Praza do Seixo, de Tomiño, acolle unha exposición de traballos en forxa, da artesá afincada na Pasaxe (Camposancos), Pily Álvarez.
Nesa exposición - compartindo espazo coa pintora Gemma Marqués -, Pily Álvarez amósanos a beleza que unhas máns de muller poden acadar traballando o ferro, que mália súa dureza, tórnase dúctil ó seu paso pola fragua, coa quentura do lume do carbón.
Apliques, candeeiros, espellos, lámpadas, percheiros,..., e moitas cousas máis, toda elas útiles e moi fermosas, que saen do convencional para transformárense en Arte. Con maíusculas.
Pily Álvarez é unha artesá que pón nas súas creacións toda súa sensibilidade de muller. Os resultados convídannos a visitar esa exposición na que Gemma Marqués tamén presenta súa obra máis recente.
Parabens para estas dúas xóvenes mulleres que xa son todo un referente na comarca do Baixo Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario