20 de maio de 2010

SHANGAI

A REAL BANDA DE GAITAS E A DEPUTACIÓN DE OURENSE RENDEN HOMENAXE AOS GUERREIROS DE TERRACOTA POLO “PRINCIPE DE ASTURIAS” NUN CONCERTO EN DIRECTO NO MAUSOLEO DE XIAN



Infogauda / Shangai

A Real Banda de Gaitas e a Deputacion provincial de Ourense foron as primeiras institucions en felicitar ao director do “Museo dos Guerreiros de Terracota” pola distincion do Premio Principe de Asturias de Ciencias Sociais 2010 co que foi recoñecido o traballo dos arqueologos do xacemento funerario de Xian, que propiciaron o achegamento de millons de persoas a cultura China.
A Real Banda de Gaitas ofreceu un concerto en directo no impresionante centro funerario, ante as estatuas dos 8.000 guerreiros de barro que representan ao exercito que protexe “na outra vida” ao emperador Qin Shi huang di, a quen se lle atribue a unificacion de China no ano 221 antes de Cristo.O director da Real Banda, Xose Lois Foxo, felicitou personalmente ao director do Museo, Yang Wuo, a quen lle entregou a insignia oficial da Real Banda e felicitouno polo premio, tralo cal os gaiteiros e percusionistas interpretaron as suas cantigas e melodias en galego e chines, un feito inedito, pois e a primeira vez que se realiza un concerto no espectacular recinto funerario dos Guerreiros de Xian.Ante centos de espectadores e coa silenciosa ollada do exercito do emperador, a Real Banda meteuse de cheo nas raices da milenaria cultura china fundindo nunha soa voz historia, mitoloxia, pobos e cultura, nun inesquecible concerto que, a ben seguro, tamen agradaria ao emperador, cuxa tumba permanece ainda intacta a moitos metros de profundidade na colina funeraria de Xian.O mausoleo de Xian foi descuberto en 1974 por uns agricultures mentres cavaban un pozo. Segundo os rexistros oficiais chineses, é considerado un dos máis importantes achados arqueolóxicos do século XX. Os As figuras dos 8.000 guerreiros e cabalos do exército de terracota -de tamaño real- foron sepultados en tumbas de formación de batalla en torno a ela, no condado de Lintong na provincia de Shaanzi para “axudar ao emperador na outra vida”.Outra das novidades da xornada de hoxe da Real Banda na sua xira por China foi o desfile e concerto que ofreceu esta tarde na Torre da Campana da Muralla de Xian, unha maxestuosa edificación ubicada no centro da cidade. A actuación congregou a centos de viandantes no contorno da Torre, que é un edificio cun deseño tradicional chines, feito de madeira, cunha altura de 36 metros. Foi construído durante a dinastía Ming, en 1384, e quedou ao lado da Torre do Tambor, no mesmo centro xeográfico da cidade.Maña venres a Real Banda parte para Pekin, na sua derradeira etapa do seu tour chines, onde o vindeiro domingo ofrecerá un concerto exclusivo na inigualable Gran Muralla China.

Ningún comentario:

Publicar un comentario