
UNHA PROXECCIÓN NO EXTERIOR DO CENTRO CULTURAL MOSTRARÁ A OFERTA EXPOSITIVA DA CIDADE
Infogauda / Ourense
Os recintos expositivos da cidade de Ourense non pecharán as súas portas na tarde deste venres, día 21 de maio, e abriran en horario nocturno, continuando un ano máis o proxecto iniciado no seu día de colaboración conxunta, baixo a denominación xenérica de”Enredarte”.Será unha excelente oportunidade de comprobar a ampla e variada oferta expositiva que ofrece a cidade de Ourense, tanto nos recintos dependentes de institucións públicas como nas galerias de arte privadas.Como nexo de unión, o venres, a partires das 22:30 horas, as paredes exteriores do Centro Cultural da Deputación acollerán unha proxección na que se presentarán en imaxes a diferentes propostas plásticas desta cidade dinamica e creadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario