A REAL BANDA PARTE MAÑÁ PARA CHINA, ONDE ACTUARÁ NA EXPO DE SHANGAI E OFRECERÁ UN CONCERTO NA GRAN MURALLA

Infogauda / Ourense
A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense inicia mañá sábado a súa primeira xira por China, que a levará durante unha semana a percorrer as cidades de Shangai, Xian e Pekín, participando na “Exposición Universal” de Shangai e ofrecendo un concerto que terá como escenario a Gran Muralla China, ademais da súa presenza en diversos actos institucionais entre os que figuran unha recepción no Concello de Pekín e no “Instit uto Cervantes”. Os integrantes da Real Banda partirán mañá sábado, ás 16.30 horas, dende a sede da Escola de Gaitas (Campus Universitario de Ourense).
A Real Banda leva a China a mensaxe de amizade e concordia do pobo ourensán e galego, unida á difusión de España que leva espallando por todo o mundo dende a súa creación. Ten ofrecido concertos para as personalidades máis relevantes do panorama internacional, dende o Papa Xoán Pablo II ata o emperador do Xapón, pasando por presidentes de goberno, autoridades institucionais, comunidades galegas e españolas no exterior, e actuando nos máis destacados eventos e festivais culturais e sociais do mundo.Na súa xira por China, a Real Banda gravará no incomparable escenario da Gran Muralla unha produción audiovisual titulada “A Real Banda en China” que, segundo o seu director, Xosé Lois Foxo, “ten como obxectivo demostrar a afinidade musical entre dúas culturas tan distantes como a galega e a chinesa”. Para este proxecto audiovisual a Real Banda ven de gravar dous temas en chino: “Mo li hua” e “Full of Joy”, que xa se están emitindo nas emisoras de toda España.
DATA E LUGAR DE PARTIDA DA VIAXE:
- DATA: MAÑÁ SÁBADO, ÁS 16.30 HORAS.
- LUGAR: ESCOLA DE GAITAS (Campus Universitario de Ourense).
Ningún comentario:
Publicar un comentario