A DEPUTACIÓN APOIA A ELECCIÓN DE DOCENTE EXEMPLAR
Infogauda / Ourense
A Deputación amosou hoxe o seu apoio á elección de “docente exemplar” na persoa do mestre Agustín Madarnás, quen adicou máis de 40 anos da súa vida á formación educativa. Esta inicativa está promovida polo sindicato profesional independente ANPE, maioritario no sector do ensino na nosa provincia. O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, recoñeceu públicamente o gran labor e compromiso do homenaxeado. Tamén resaltou o seu apoio permanente á lingua galega.
O nomeamento do "Docente Exemplar" é a síntese dunha serie de actos organizados ao redor da celebración anual en Ourense da "Homenaxe ao Docente". Estes eventos son a expresión pública dunha serie de actividades xurdidas da necesidade, sentida por un número cada vez maior de docentes, sobre a perdida da importancia e da transcendencia da educación e a convivencia pacífica nos Centros Educativos. Estas actuacions cristalizaron o curso 2006-07 no primeiro Congreso Internacional, celebrado na nosa provincia, sobre "A violencia escolar: propostas para a convivencia".A Homenaxe trata de enfocar a atención sobre a importancia da función docente para o presente e futuro dunha sociedade española plural e democrática, mentres que a elección do "Docente Exemplar" pon o foco sobre un ou unha ourensán/a merecedora do recoñecemento social pola súa vida vocacional no exercicio da máis nobre das tarefas: educar aos nosos nenos e mozos coa ilusión do primeiro día ao longo de máis de 40 anos. Así pretendemos recoñecer publicamente a súa fecunda dedicación docente, o exemplo persoal e o servizo continuado a nosa sociedade ao longo de toda unha vida.Debido a relevancia adquirida por este nomeamento ao longo destes últimos anos, é polo que se foi ampliando o xurado responsable da elección, que neste ano 2009 estará integrado por máis de 25 ilustrísimos membros con voz e voto dos distintos sectores educativos, (en documento anexo relaciónanse os membros do xurado 2010).Este nomeamento vai acompañado da entrega, xunto a cada un dos profesores e profesoras (uns sesenta), xubilados ao longo do presente curso, dunha escultura orixinal en bronce: "A Homenaxe ao Docente". Fundida expresamente para a ocasión e asmada polo internacionalmente recoñecido escultor da nosa térra D. Arturo Andrade. A peza é unha alegoría en bronce que simboliza a esencia da profesión de educar a nenos e novos. Serve para agradecer, simbólicamente, a súa dedicación ñas aulas no ano da súa xubilación como docentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario