11 de maio de 2010

OURENSE

ESTA TARDE, PRESENTACIÓN DE “EL CORAZÓN LEJANO. PROYECTO GRUNDTWIG”


Infogauda / Ourense

O Proxecto Grundtvig ten como finalidade mellorar a calidade da educación dos adultos e que estes adquiran coñecementos e competencias. Dentro deste proxecto enmárcase a experiencia de Corazón Lejano que se desenvolve dentro da axuda a sectores sociais vulnerables ou a ambientes marxinais.
O proxecto Corazon Lejano está formado por socios de diferentes países e desde a EPA de Ourense traballouse con rapaces dos centros de menores da nosa provincia, Monteledo e Montefiz. Ten como obxectivo principal que, a través da escritura de autobiografías, estes rapaces poidan reflexionar sobre o seu pasado e así poder reformular o seu futuro máis alá da situación na que se atopan inmersos. O proxecto pretende reunir experiencias para darlle expectativas ao mañá destas e doutras xentes que están en situacións similares. A Deputación de Ourense, involucrada coas causas sociais colabora con este proxecto axudando a difundilo, así este libro, que non é unha publicación da Deputación pero que se imprimíu na imprenta provincial, será enviado a cada unha das 82 institucións penitenciarias do noso país para que este traballo, feito en Ourense, poida ter reflexo fóra de Galicia.
Lugar: Pazo de Guizamonde
Hora: 17:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario