RUEDA GARANTE O COMPROMISO DA XUNTA COA XUSTIZA DE PAZ E SALIENTA A SÚA IMPORTANCIA PARA ALIVIAR A CONXESTIÓN DOS XULGADOS
- O conselleiro visitou onte o Concello do Rosal e o xulgado de paz da localidade
Alfonso Rueda visitou ás dependencias do xulgado de paz do Concello do Rosal, acompañado do alcalde Jesús María Fernández Portela e do xuiz de paz, Cástor
Fotografía: Juan Ramón Martínez Barbosa
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou onte pola mañá o Concello do Rosal e o xulgado de paz da localidade, onde aproveitou para destacar a importante labor que desenvolven estes órganos, que contribúen de xeito decisivo a aliviar a conxestión dos xulgados galegos e a achegar a administración de xustiza aos cidadáns.
En declaracións aos medios de comunicación ao termo da visita, Rueda recordou que un total de 270 concellos galegos contan con xulgado de paz, aos que no ano pasado a Xunta achegou case 600.000 euros para subvencionar os seus gastos de funcionamento, repartidos segundo a poboación de cada un dos municipios.
Ademais, a Consellería de Presidencia e os alcaldes de 18 municipios menores de 7.000 habitantes asinaron o ano pasado un convenio de colaboración polo que a Xunta subvenciona con 8.000 euros anuais aos municipios para financiar os gastos de contratación laboral do persoal idóneo da secretaría dos xulgados de paz.
A Lei de Demarcación e Planta establece que para o desempeño da secretaría dos xulgados de paz de menos de 7.000 habitantes, o concello nomeará unha persoa idónea para atender estas secretarías, que dependerá directamente da Administración local.
Sen embargo, no caso do Rosal -que onte visitou o conselleiro acompañado do alcalde, Jesús María Fernández Portela-, a Xunta pediu ao Ministerio que dotase ao xulgado de paz dun funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa, dada a proximidade do concello aos 7.000 habitantes. Así, dende xaneiro, o xulgado de paz do Rosal conta cun funcionario interino do corpo de xestión procesual e administrativa, que fai de secretario do órgano.

Ningún comentario:
Publicar un comentario