Namentras o Alcalde ocupa espacio nos medios de comunicación falando, facendo solicitudes e rogos de súplica, as obras avanzan case ata o séu remate, sen que exerza as súas funcións que lle son propias, monta un “paripé” máis, para deixar que se acaben as obras e logo, -unha vez máis- decir que a culpa non é del, se non dos outros, xa encontrará a quen facer culpable, (veciños, oposición, o tempo, etc.)
Neste momento, e reconocendo, tal e como manifesta o Sr. Alcalde, na nota de prensa do 09.05.2010 no Faro de Vigo (páx. 18), que: “las obras son perjudiciales para los intereses generales de A Guarda…” ¿Qué fai como máxima autoridade que non para as obras?, non se debe limitar a falar e deixar facer, senón, exercer realmente como Alcalde deste pobo e non actuar como representante do Goberno de Madrid, debe usar tódolos medios o séu alcance (Decreto e Orden de Paralización) como acontece noutros pobos, donde o Alcalde antepón os intereses dos cidadáns por diante dos do séu partido e paralizar de xeito efectivo as obras ata chegar a un acordo que dé solución a esta desfeita chamada “Senda Litoral das faldas do Santa Trega”
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Grupo Municipal Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Díxolle a sartén ao cazo... manda chover na Havana o que hai que ler por ter ollos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario