A DEPUTACIÓN DE OURENSE COLABORA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ENDURO, QUE SE CELEBRA EN COLES E A PEROXA
A Deputación provincial de Ourense colabora no patrocinio do Campionato de España de Enduro, que se celebra os vindeiros días 14 ao 16 de maio nos concellos de Coles e A Peroxa. Esta modalidade deportiva motocicilsta congregará, segundo os organizadores, a unas 10.000 persoas de toda Galicia, Asturias, Portugal e Castela-León, para presenciar unha das probas máis importantes do calendario nacional de Enduro.
Infogauda / Ourense
Infogauda / Ourense
Nas dúas probas de que consta a competición participarán 150 pilotos, entre os que se atopan campións nacionais e internacionais como Juha Salminen (14 veces campión do mundo), Iván Cervantes (5 veces campión do mundo), e o equipo junior de España que resultou gañador por equipos.Os alcaldes de A Peroxa, Manuel Seoane, e de Coles, Manuel Rodríguez, así como o vicepresidente da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, coincidiron en afirmar que este evento contribúe a dinamizar os concellos do rural, potenciando á súa vez deportes minoritarios pero que moven un importante número de afeizoados. Plácido Álvarez engadiu ademais que o feito de organizar unha proba tan importante “nos momentos de crise que estamos a padecer supón un dobre motivo de agradecemento para os concellos e para comité organizador por apostar por Ourense para levar a cabo esta proba de ámbito nacional”.A organización destaca e agradece a presenza de 125 voluntarios que estarán velando pola seguridade e a boa marcha da competición ao longo de todo o fin de semana, competición que ten o venres o seus prolegómenos coas verificación se terá a fase competitiva o sábado a partires das 10.00 horas.Os organizadores prepararon tamén un programa alternativo para os máis xóvenes con actividades lúdicas e competicións de xogos virtuais, que poderán realizar enfrontándose aos propios pilotos. Os catro gañadores serán obsequiados con senllos cascos de motos, que se entregarán o domingo no mesmo acto de entrega dos trofeos do campionato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario