26 de maio de 2010

A GUARDA

SENDA LITORAL
CAL É O PROBLEMA?

ANABAM APOIA A SENDA LITORAL TAL E COMO ESTÁ DISEÑADA

Considera que o único que hai que ter en conta son as baixadas ás rochas, tal e como xa lle espuxera ao presidente desta asociación a anterior Xefa de Costas, Cristina de Paz-Curbera e mesmo o actual, Cristóbal Fernández.

Nas conversas mantidas por ANABAM coa anterior xefa de Costas, como resposta a unha pregunta nosa de continuar o carril bici ata o Puntal, se nos informou que este se acometería no futuro próximo, explicándonos que a razón de non facelo nesta fase é a de que habería que facer novas expropiacións o que retrasaría este proxecto.

Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
Se non recordamos mal, o proxecto da Senda Litoral do concello de A Guarda saíu a información pública en dúas ocasións: a primeira (no ano 2002) co goberno do PP, tanto a nivel estatal (Aznar) como a nivel local (Riego); a segunda (no ano 2008) co goberno do PSOE estatal (Zapatero) e local (Freitas). Na primeira ocasión, unicamente ANABAM presentou alegacións, nin os partidos políticos, nin colectivos ou asociacións, nin os veciños o fixeron. Na segunda ocasión, ANABAM trasladouse directamente a Pontevedra (cousa que fixo en dúas ocasións) para analizar novamente o proxecto e entrevistarse coa que era, naquel entón, Xefa de Costas. Vendo que o citado proxecto cumpría os requirimentos que esta asociación propuxera e confiando na palabra da Xefa de Costas, non foi necesario volver presentar novas alegacións. Nesta segunda ocasión, tampouco os partidos políticos (esquerdas e dereitas), nin colectivos ou asociacións, nin os veciños presentaron alegación algunha. Lembremos que o proxecto estivo exposto no Concello por espazo dun mes.
Fonte: anabam.org
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Os de ANABAM, como sempre, vivindo das subvencións, adícanse a contar verdades a medias, xa esqueceron que a primeira vez que se falou da SENDA PEONIL foi no goberno de Puri. Polo que sabemos, logo foi modificado e presentado como mínimo tres veces máis, pero xa sabemos, eles son os únicos, os bós, os demais non contan se no medio están o plumifero e o pelos. Xa esqueceron a campaña que fixeron cando o da ESTACION MARITIMA, eles e séus socios do P.S.O. do Español e o BLOQUE pedían os votos para chegar o poder e logo tumbala, cando se inagurou o bar, foron os primeiros que tiveron mesa fixa para trasegar as CHIQUITAS e inda enriba, o Plumas quitaba fotos para fardar dos que o invitaban. DE VERGONZA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario