As imaxes - cedidas desinteresadamente por laguardiaenimagenes.com - amósannos un importante verquido, probablemente de fecais no litoral costeiro a carón da EDAR (coñecida popularmente como a Depuradora), preto da zoa de Os Outeiros, no termo municipal de A Guarda.
Na opinión de varios veciños iso é unha vergoña, sobor de todo tendo en conta o investimento realizado, nunha obra necesaria na que se gastaron moitos millóns. Que hoxendía, e xa non é a primeira vez nestes tres últimos anos, se produzan eses verquidos repugnantes, visibles a luz do dia e fedorentos a máis non poder, é indignante, e ademáis, imprópio do século XXI. ¿É esa á protección das nosas costas que nos ofrecen os actuais mandatarios? Eses mesmos, que cando os veciños "lles poñen as pilas", tentan escaquearse decíndolles que chamen a Costas. ¿Para qué están eles? ¿Somentes para cobraren as retribucións pecuniarias por adicacións exclusivas e parciais? ¿É esa a política de promoción turística que ofrecen a própios e visitantes? ¿É ese o xeito de protexer os recursos mariños dos que viven, directa e indirectamente, non poucas familias de A Guarda e doutros pobos veciños?
Segundo puido saber Infogauda, no intre de recoller as imaxes do vídeo que lles ofrecemos, a “mancha marrón” ocupaba máis de 10.000 metros cadrados de superficie mariña e por efecto das marés íase extendendo aínda máis, xerando un intenso fedor que os usuarios da Senda Litoral e os veciños da zoa, percibían doadamente.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Eulogio dixo:
Ese problema era de esperar. No es el lugar idóneo para ubicar una Estación Depuradora de Aguas Residuales (EDAR), se encuentra en suelo protegido paisajístico, por lo que no está permitida su instalación.
Además se encuentra en un radio de 2.000 m, núcleos de población, lo cual también está totalmente prohibido.
Y desde luego, esos problemas aparecidos cada dos por tres, se irán sucediendo, hasta hacer insoportable el olor fétido de esa instalación... Al tiempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario