20 de maio de 2010

A GUARDA

O COLECTIVO VECIÑAL DAS RÚAS FERNÁNDEZ ALBOR E DO PORTO, FAI UN CHAMAMENTO Á CIDADANÍA DA GUARDA PARA QUE ACUDA A MANIFESTACIÓN
- Terá lugar o sábado día 22 de maio, ás 11.00 h. desde a Alameda ata o Porto de A Guarda

Colectivo Veciñal das Rúas Fernández Albor e Porto / A Guarda

Os veciños das rúas Fernández Albor e Rúa do Porto, fan un chamamento a toda cidadanía da Guarda e alrededores para que participe na manifestación que terá lugar este sábado día 22 con saída as 11 da mañán dende a Alameda da Guarda hasta o Porto.
Dende este colectivo queremos facer fincapé, do grave perxuizo que ten para toda cidadanía o conxunto de atrocidades, que dende Costas e coa complicidade do alcalde, non están pola labor de subsanar.
O pobo da Guarda non se pode permitir una obra desta magnitude que:
- Deixa o porto sen entradas e saídas, un peche a cal e canto, e para sempre.
- Unha perda de máis de 300 prazas de aparcamento.
- Bloqueo de acceso as rochas para mariscadores, pescadores e veciños en xeral.
- Que unha obra demandada por todos dende hai tantos anos, chamada a ser o reclamo dos miles de visitantes do Monte Trega, pasará a ser a penúltima chapuza cometida nesta vila.

Acudamos a manifestación:
TÍ TAMÉN PERDES, TODOS PERDEMOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario