20 de maio de 2010

GALICIA

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, xoves 20 de maio, en San Caetano


· Reunión do Consello da Xunta de hoxe
Autora: Ana Varela

Infogauda / Galicia

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA, EN FORMATO PDF

A Secretaría Xeral para o Deporte presenta ‘A teoría do espiralismo’, un documental sobre os valores das deportistas discapacitadas

O acto encádrase dentro do programa de actividades da Carreira da Muller

O traballo explica, a través do deporte paralímpico, as grandes dificultades, tanto físicas como sexistas, que deben superar as deportistas femininas.
Proxectouse hoxe no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e mañá no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense.
Os alumnos poderán descubrir os valores do movemento paralímpico a través das experiencias persoais e de participación en Pekín 2008 de deportistas como Sara Carracelas (parálise cerebral, natación), Teresa Perales (discapacitada física, natación), Raquel Acinas ou Cristina Campos (discapacitada física, baloncesto).

Ler máis.

Feijóo: Antón Lamazares é un “galego insigne que percorre o mundo levando consigo ese feixe de cores amasados con néboa que chamamos Galicia”

· Núñez Feijóo presidiu a entrega da insignia de ouro da Universidade de Santiago a Antón Lamazares
Autora: Conchi Paz
O titular da Xunta presidiu o acto de imposición da Insignia de Ouro da Universidade de Santiago ao pintor de Maceira e a presentación do libro Lamazares, apuntes íntimos.
Salienta que a amalgama do local e o global é o que explica o mundo moderno e o que a axuda a entender a Lamazares.
Destaca que o substancial da súa obra é “o vencello intenso que se crea entre os lugares, camiños, árbores corredoiras e a nosa memoria”.
“O éxito deste artista demostra que a chamada da terra se fai en todas as linguas e atinxe a homes e mulleres de todas as partes”, sinala.
Subliña que “hai beleza e verdade na obra, pero sobre todo, hai bondade na persoa” .
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
Menudo farsante este Feijóo, agora metéusenos "crítico de arte", canta pedantería baleira de contido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario