14 de maio de 2010

A GUARDA

PLAN I





Pasamos do Plan E (Plan Estafa Estatal Estúpido…..) a o Plan I (Plan Inaudito,Inecesario, Inxusto..... ). Isto é unha agresión sen precedentes aos intereses de tódolos traballadores e asume as teses do capitalismo, causantes da actual crise.
O Sr. Presidente será lembrado como Zapatero o tixeiras que en unha manhan cortou tódolos dereitos sociais, e incumpre a Lei acordada ante os traballadores da administración pública e xubilados de todo pais.
Lémbrome cando ganhou as elección xerais, e seus adeptos dicíanlle agora non nos falles. Traballadores agora tedes a resposta do novo capitalista.
O desaiuno con Obama saíu caro a tódolos espanholes e ZP se acoxonuo ante a chamada de Obama, ¿Será verdade que o chamou? É mais crible que a Unión Europea obrigara a ZP a formar parte de ditadura financeira capitalista. O futuro é incerto e dende Esquerda Unida de A Guarda pensamos que a xuventude o terá mais difícil para encontrar traballo estable e lembramos que en estes momentos esta nun 40% da poboación activa. Aumentarán os EREs que deixan na rúa a miles de traballadores con idades medias a altas que resulta practicamente imposible encontrar outro traballo. Se os recortes ao desarroio e inversións públicas descenden as pequenas empresas terán un parón indefinido e polo tanto aumentara o paro. Os Concellos terán mais dificultades para realizar súas funcións. Queren impor restricións de medicamentos pero non reducen os beneficios da industria farmacéutica e queren por un novo imposto para acudir ao médico. Con estas medidas a cidadanía irá a peor.
O Goberno e a Unión Europea:
¿Por qué non lutan contra o fraude fiscal?
¿Por qué non eliminan tódolos paraísos fiscais?
¿Por qué non controlan os beneficios da banca?
¿Por qué non controlan o gasto na administración pública e nas Autonomías?

A realidade é que unha vez mais os débiles pagaran o déficit e os ricos serán mais ricos e non pagarán un céntimo, aumentará a explotación da clase obreira, ollo o fascismo capitalista esta modificándose.

Asdo.: José Antonio González Morais

Ningún comentario:

Publicar un comentario