O CANTAUTOR TINO BAZ SERÁ HOMENAXEADO CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Foto: Infogauda
Estimados amigos:
É unha honra para nós comunicarlles que na última asemblea da A.C.G. foi elixido o cantautor guardés TINO BAZ, para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2010.
Tino Baz naceu en 1972 no barrio da Robaleira, en pleno porto guardés. Dende a súa nenez amosou unha clara disposición para a música e o canto, posiblemente herdada de seu pai e sempre presente no entorno familiar.
Comeza a tocar a gaita aos oito anos no Grupo “OS PELOUROS”, dirixido naquela por Manuel Álvarez. Mais tarde, en 1983, incorpórase ao grupo “OS PETÓNS” dirixido por Xosé Manuel González Peniza. Polos albores dos anos oitenta, coñece e participa das primeiras edicións da FESTA DA POESÍA do Condado,.
No verán do ano 1990, o cantautor recentemente falecido Suso Vaamonde fixo de ponte para que Tino Baz entrara a formar parte do grupo “A RODA”, como gaiteiro, cantor e percusionista. Polo ano 1997 deixa o grupo A RODA e comeza a súa andaina en solitario e colaborando con outros grupos musicais.
O contido do seu repertorio na súas actuacións é o resultado do tratamento de adaptacións de pezas populares mesturado cá palabra dos poetas. Así atopamos xunto a melodías tradicionais, musicacións de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, Marica Campo, Bernardino Graña, Xosé Carlos Gómez Alfaro, Manolo Pipas, Francisco Álvarez - Koki, ou mesmo a veciños seus que atopan na poesía unha boa canle de expresión. Tamén hai un espacio para musicacións de textos feitos por el mesmo.
Na actualidade combina as actuacións có campo da didáctica, como mestre de gaita e pandeireta en diferentes lugares da bisbarra do Baixo Miño.
A súa primeira publicación discográfica é CINSA NAMORADA, disco que presentou no Centro Cultural da Guarda con gran éxito de público.
O acto da Homenaxe será o venres 28 de maio, ás 9 da noite no Centro Cultural da Guarda. Falará sobre Tino Baz, Dna. Marisa Guerra Canizo. Coa actuación especial da pianista Laura González, o Coro Cantabile dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez e o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz.
Como ven sendo tradicional a A.C.G. entregará neste acto un pequeno libriño sobre Tino Baz.
Un afectuoso saúdo
A Guarda, 14 de maio de 2010
Asdo.: Julia Sobrino

Presidenta
Asdo.: María Soledad Diz
Secretaria

Ningún comentario:
Publicar un comentario