11 de maio de 2010

A GUARDA

MOSQUITO PIDE DONATIVOS...



Pareceume interesante ler nunha páxina do noso pobo, que se piden donativos para poder sostela. Decidín entón sobrevoar en profundidade o tema, alí dise que debido a que o seu mantemento leva consigo unha serie de gastos como "desprazamentos, factura telefónica, chamadas, mantemento do portal, etc, e se remarca que supón ademais moitas horas de dedicación sacrificando á familia, ao propio desfrute, horas de sono, non gozar dos espectáculos por estar pendente das fotografías, etc., etc. , etc…, e faise un chamamento á colaboración dos lectores para que acheguen unha axuda económica que libere o seu propietario dos gastos que supón o seu proxecto, para o cal facilita ademáis o número de conta e nome da entidade bancaria onde poder facer o ingreso...".
Todos podemos ademais ver que nesa páxina, hai ao redor de 50 avisos publicitarios, que obviamente contribúen con DONATIVOS anuais. Despois de ler detidamente todo o artigo, sobrevoei tamén as demais páxinas guardesas que nos dan diariamente información do noso pobo, e me dixen, éstes seguro que non teñen nin familia, nin teléfono, nin gastos, nin nada de nada por iso non piden donativos.
Pero despois pensei un pouco máis e cheguei a unha sabia conclusión: "En terra de lobos hai que ouvear como eles". Si señoras e señores, desde aquí MOSQUITO CAPÓN que tamén ten unha familia á cal lle resta tempo para escribir estas notas, tamén fai chamadas telefónicas a outras moscas e mosquitos investigadores, tamén precisa internet para estar conectado con miles de mosquitos que non queren chapuzas no goberno, tamén ten que desprazarse e sobrevoar territorio e que tamén ten un proxecto de desenmascarar os ineptos e mentireiros.
Fai dende aquí un chamamento a todos os lectores para que doen o que poidan para financiarme.
O que desexe pode facer o seu ingreso en
BANCO DE SANGRE "SABORES"
N.º de conta A B O + - ZZZZZ
A nome de MOSQUITO CAPÓN (acéptanse donativos de calquera grupo e factor)
Co ánimo de agradecer a axuda prestada, pido envíeseme un correo verificando o ingreso realizado (ZZZ grazas)
Jajajaja! Mellor tomalo a xolda por que senón.... é para chorar despois chámanme á min chupa sangue. Para caras de pedra como éstas, non hai definición que se aproxime.
ZZZ...MOSQUITO CAPÓN
OPINIÓNS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
Ánimo mosquito Capón, os Talibáns cada día que pasa teñen menos prestixio, menos visitas etc..., que lle siga lamendo cu a Xan Telmo e ao resto da banda.
Anónimo dixo:
Carallo, na Casa Jrande tamén lle chegóu a CRISIS e a o COITADO non lle estarán pasando os honorarios de lambetón e por iso ten UN MORRO DE TRES PARES DE NARICES de andar pedindo axuda, o COITADO o que ten e que porse a traballar no seu e deixar de ser lambón e pidichón...dame a sensación que a palabra VERGOÑA ou VERGÜENZA non a debe de entender.

Ningún comentario:

Publicar un comentario