TODOS SOMOS VÍCTIMAS
POR UN CORREDOR SEN MÁIS MORTES
Escolma de imaxes da manifestación do pasado sábado día 15 de maio, en Cangas do Morrazo
Reportaxe fotográfica: Antonio José Uris Alonso
Jeanne Picard Mahaut, vice-presidenta de Stop Accidentes conversando coa alcaldesa de Cangas, que acudiu a Alameda de Cangas para participar na manifestación como unha cidadá máis, preocupada pola seguridade vial
Os vecinos de Cangas e doutras vilas do Morrazo non dubidaron en asistir a marcha
Ademáis de outras persoas sensibilizadas co problema, na imaxe podemos ollar a Jeanne Picard e a María del Carmen Pérez Alonso, agardando o intre de escomenza-la marcha reinvindicativa
Entre o público víronse persoas de tódalas edades. A problemática da seguridade viaria atínxenos a todos/as.
Unha representación dos afectados surxetando a pancarta que abriría a marcha silenciosa do pasado sábado, intres antes de escomenza-la manifestación 




Ningún comentario:
Publicar un comentario