18 de maio de 2010

GALICIA

Francisco López presenta dous libros de literatura infantil e xuvenil da colección Lagarto pintado como “pequenos agasallos pintados e escritos por artistas e escritores de Galicia”

Infogauda / Galicia
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, presentou esta mañá Verdades de plastilina, para nenos de ata dez anos e Manual para condutores con faros antinéboa, para nenos de máis de once, como “dous pequenos volumes enchidos de arte e de vida”.
A recuperación desta nova edición da colección Lagarto Pintado, con 7.000 exemplares, vén a conmemorar o recente Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, celebrando o Día das Letras Galegas e no contexto do Ano do Libro e da Lectura.

A Xunta licita as obras de mellora da estrada A Guarda- Fornelos (PO-353) por un importe de case un millón de euros
Proxectarase unha dotación de beirarrúas e mellora de servizos, completando as actuacións con obras de rehabilitación do firme.
A lonxitude do tramo sobre o que se levará a cabo a actuación é de 2.690 metros.
As melloras resultantes destas obras, cuxo prazo de execución é de 9 meses, beneficiarán a preto de 17.000 habitantes dos concellos da Guarda e O Rosal.

Ler máis.

O XVII Campionato de España de atletismo para persoas con discapacidade reunirá en Pontevedra a 322 deportistas de 45 clubs pertencentes a 12 autonomías


· José Ramón Lete Lasa, na presentación do Campionato
O secretario xeral para o Deporte presentou esta mañá o acontecemento deportivo que se celebrará na cidade do Lérez do 27 ao 30 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario