31 de maio de 2010

BAIXO MIÑO

A FEDERACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DO SUR DE PONTEVEDRA, FESPO, SEGUE CRECENDO E PLANIFICANDO NOVAS LIÑAS DE ACTUACIÓN
En la foto presidentes de las distintas asociaciones que forman Fespo


Unha tarxeta de fidelización e a realización dun Inventario Comercial foron as liñas de actuación marcadas por FESPO, na súa Asemblea Xeral, unha Federación que segue crecendo cá adhesión de novas Asociacións.

FESPO / Tui
A Federación de Comerciantes e Empresarios do Sur de Pontevedra, FESPO, mantivo o pasado xoves na súa sede de Tui, a Asemblea Xeral da Federación, onde se puxeron sobre a mesa os proxectos que se levarán a cabo durante os vindeiros meses e que estarán supeditados ás distintas liñas de axudas que pon a disposición a Dirección Xeral de Comercio para levarse adiante e obter financiación para poder executalas.
O proxecto máis ambicioso e polo que máis forte se aposta dende FESPO é a realización dunha tarxeta de fidelización, unha tarxeta que se distribuirá ao longo de todo o sur da provincia e que será accesible para máis de 1000 establecementos comerciais a que permitirá ofrecer aos establecementos unha ferramenta común para incentivar aos clientes, fomentar a colaboración entre os distintos establecementos participantes e establecer unha estratexia de fidelización tanto común para todas as asociacións integrantes de FESPO como realizar estratexias personalizadas e independente de cada asociación ou incluso realizar estratexias individuais para cada establecemento asociado. Unha tarxeta de fidelización que poderá ser usada por máis de 150.000 clientes da área xeográfica que abrangue FESPO.
Outras das iniciativas impulsadas pola Federación será a realización dun Inventario Comercial, que permita sinalar a distribución comercial de toda a comarca, tipografía da oferta comercial e ubicación dos mesmo, así como a posibilidade de detectar oportunidades de negocio no sector comercial a través deste inventario comercial.
Por outra banda a Federación de Comerciantes e Empresarios do Sur de Pontevedra, segue crecendo cada día máis no número de asociacións que se unen á Federación e nesta Asemblea, adheríronse asociacións da comarca do Condado- Paradanta e asociacións do Baixo Miño quedando así case completado o mapa do Sur da Provincia de Pontevedra, e de sete, asociacións que fundaron a Federación hoxe en día conta xa con dez asociacións (Val Miñor, Baiona, Gondomar, Tui, Porriño, A Guarda (Ábaco), Tomiño, Ponteareas, O Rosal e Salceda), o que suma un total de máis de 1.500 establecementos comerciais que son representados pola Federación de Comerciantes e Empresarios do Sur de Pontevedra, FESPO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario