31 de maio de 2010

GOIÁN

O CENTRO GOIANÉS ACOLLERÁ Á PRESENTACIÓN DO LIBRO "CARTAS DE REPUBLICANOS GALEGOS CONDENADOS A MORTE (1936-1948)
Infogauda / Goián

O vindeiro venres día 4 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Centro Goianés, de Goián, á presentación da 2ª edición do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais, a cargo do autor, o egrexo académico galego D. Xesús Alonso Montero.

Intervirán: Representantes da Asociación InfoMAXE (A Guarda; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez; Rafael A. Martínez Calzado (Lito Oliveira) e o académico, ensaísta e profesor Xesús Alonso Montero.
O remate da presentación haberá unha actuación musical do cantor guardés Fran Estévez.
Organiza: InfoMAXE e Asociación Copo sen fondo
Colaboran: Centro Goianés e Concello de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario