Louzán salienta que “nin Galicia nin a súa lingua precisan defensores que teñen como único argumento a violencia”

O presidente provincial incidiu en que “ningunha bomba nos vai parar na nosa defensa do país”
Partido Popular / Pontevedra
O presidente provincial dos populares en Pontevedra, Rafael Louzán, salienta que “nin Galicia nin a súa lingua precisan defensores que teñen como único argumento a violencia”.
Tras a reivindicación dos ataques ás sedes do PP en Nigrán e Gondomar por parte dun grupo independentista, Louzán incidiu en que desde o Partido Popular se seguirá traballando intensamente en defensa dos intereses de todos os galegos. “Ningunha bomba nin cóctel incendiario nos van parar na nosa labor”, asegurou Louzán.
O PP provincial reiterou novamente a súa condena a este tipo de actos violentos que “contan co rexeitamento máis absoluto por parte da sociedade galega, que aposta por un modelo de sociedade non que non teñen cabida actitudes incívicas e antidemocráticas duns grupos que ao carecer de razóns e argumentos, pretenden vencer por medio da agresión”.
O líder dos populares en Pontevedra incidiu en que “as ideas deféndense desde o debate e a palabra”, polo que reafirmou a intención do PP de seguir traballando “tanto en Galicia, como en Pontevedra, como en todos e cada un dos concellos para que para defender os intereses de todos os galegos, que así nolo pediron de forma maioritaria fai pouco máis dun ano”.
Finalmente, Louzán amosouse convencido de que o independentismo non goza do apoio social en Galicia e que “accións como as rexistradas a principios desta semana contra o lugar de reunión e traballo dunha forza política maioritaria e que defende as súas ideas desde o máis estrito respecto á democracia” non fan máis que “incrementar o rexeitamento social contra os que optan polo radicalismo”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario