4 de abr. de 2010

A GUARDA

CASTELO DE SANTA CRUZ: O ABANDONO CONTINÚA

A vexetación faise notar nalgúns lenzos das murallas

Non hai dúbida. A "tecnoloxía" intégrase na muralla defensiva.

Os accesos ó recinto da fortaleza están pechados para á cidadanía


Esta é unha das imaxes que se poden ollar desde o foso da fortaleza o cal se accede desde a Rúa Santo Domingo de Guzmán
Infogauda / A Guarda
Compre salientar que o forte de Santa Cruz está incruído no Sistema fronteirizo Atlántico de A Guarda - Ínsua - Caminha, no tramo que comprende á foz do río Miño. Na ribeira galega está representado pola fortaleza de Santa Cruz na Guarda. A fortaleza está en conexión con todo o sistema militar do Baixo Miño. Todas estas fortificacions atópanse no contexto histórico da Guerra de Restauración Portuguesa que escomenzou en 1640 coa procramación de Joâo IV como rei de Portugal e remata coa independencia do país veciño logo da sinatura do Tratado de Lisboa en 1668.
Sobor das orixes e construcción da fortaleza, Ávila y la Cueva dixo en 1852:
"en el Reynado de Dn. Felipe 4º. Coincidiendo el reyno de Galicia de quanta importancia le era el fortificar y poner en el estado de defensa la presente villa, determinó hacerlo así, y en efecto le construyó un Castillo con sus fosos y estacadas en un alto allí inmediato que domina el pueblo y le tuvo de coste doce mil ducados según refiere el M. Gandara el qual se intitula hoy en dia de Sta. Cruz y dentro conserba una Capilla con la misma invocación, aun qe. Ya muy deteriorada con capellanes puestos pr. el Rey pa. Decir Misa en ella la tropa de la guarnición quando la hay. Y ese Castillo está á cargo de un Gobernador militar..." (ÁVILA Y LA CUEVA 1852, 143).
O nome de Santa Cruz débello a Don Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz, Capitán General del Mar Océano, morto en 1588.
A finais de 1663, os coroneis inxenieiros Carlos e Fernando Grunemberg traballan nas fortificacions de Galicia e en 1664 sobre as Prazas dos seus Portos Marítimos. En abril do devandito ano solicitaron axudantes polo que, segundo Xaime Garrido, é posible que se atoparan realizando máis de unha obra entre elas poderíamos pensar que estaban traballando no forte de Santa Cruz. Empregaron para elo ás pedras das antigas murallas da Guarda.
Sobor do remate da construcción do Castelo de Santa Cruz sabemos, por unha carta de D. Luis Poderico, Capitán Xeneral de Galicia, que foi en 1664. Nesta data comunícalle a Corte o remate da edificación do seguinte xeito: "La Guardia está ya en defensa con un fuerte de cuatro valuartes de piedra, pero faltan los cuarteles, y hacer una cisterna para agua, porque no se ha podido hallar y se meterá en pipas mientras se acava la Cisterna" (SORALUCE 1985, 177).
En 1764, José Cornide aporta unha descripción do forte na viaxe realizada pola costa galega: "Para defensa del puerto (de A Guarda) hay un fuerte llamado de Santa Cruz con seis cañones montados, de antigua construcción y bastante destruido. Tiene cuarteles casa para el Gobernador y demás oficinas en mediano estado. Hay un gobernador militar con grado de capitán, manda el fuerte, que tiene algunos inválidos de los provinciales de Tuy de guarnición" (CORNIDE 1774, 28).
Durante a Invasión francesa, as tropas do Xeneral Merlé tomaron A Guarda o 5 de febreiro de 1809 é, o día 12, o Mariscal Soult pasa revista no forte as tropas de ocupación.
A guarnición do forte, o mando do Tenente de Infantería D. Francisco López de Layesca, destrúe a munición e pasa a Caminha, onde se orgaiza a Xunta de Defensa da Guarda. Namentras, á poboación da Guarda refuxíase nos montes dos arredores da Guarda, os franceses destrúen documentos, imaxes sacras da capela do castelo e extorsionan ás persoas adiñeiradas.
O 10 de marzo as poucas tropas francesas capitulan fronte ás tropas de paisanos da bisbarra (uns 3.000) e tropas portuguesas (500 soldados), dirixidas polo Coronel Serpa. O día 19 as tropas francesas abandoan definitivamente o Castello e a Vila da Guarda. Estas mesmas tropas galaico-portuguesas acudirían a liberar Tui.
En 1860 o Castelo de Santa Cruz foi vendido polo Estado español en pública subasta por parcelas, sendo algúns dos propietarios D. Juan Puebla e D. Ángel González Sobrino, quien restaurou as murallas, modernizou a zoa interior e habilitou outros sectores para cultivos agrícolas, incluíndo o eucaliptal.
A comezos do s. XX estaba instalada dentro do forte unha fábrica de cerámica co nom de La Santa Cruz, propiedade de D. Juan Antonio Lomba Álvarez, proveedor da Casa Real.
Durante a Dictadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930) ás instalacions do castelo servían para reunions da organización política Unión Patriótica, constituída polo xeral como apoio a súa política en España.
En 2005 escomenzaron os traballos de restauración e rehabilitación, baseados no "Proxecto Básico e de Execución da rehabilitación e Posta en Valor do Castelo de Santa Cruz, A Guarda (Pontevedra)" dos arquitectos Jaime Rodríguez Abilleira e Santiago Pintos Pena que promoveu a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dirección Xeral de Patrimonio. Xunta de Galicia.
Logo desta sipnose histórica da Fortaleza de Santa Cruz, desde Infogauda queremos salientar que a día de hoxe á cidadanía da Guarda e visitantes, non teñen acceso a ese recinto que forma parte da Historia da Guarda. É máis, a maioría dos veciños da Guarda nunca tiveron oportunidade de visitar O Castelo, como se lle chama a nivel popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario