SEMANA DE NUMEROSAS ACTIVIDADES NO CENTRO CULTURAL
O Centro Cultural da Deputacióna acolle esta semana un número importante de actividades, entre as que destacan unha conferencia do Fiscal Xefe de Galicia, Carlos Varela, ou unha exposición con obras de Tapies e a vangarda catalana. Complétase con exposicións de Marc Ritchie (fotografía) ou unha mostra solidaria a favor de Proxecto Home.
Infogauda / Ourense
“Contribución ao debate sobre a xustiza: tribunais e territorios” é o título da conferencia que o Fiscal Xefe de Galicia, Carlos Varela, pronunciará mañá, martes, no Centro Cultural da Deputación de Ourense, a partires das 19:00 horas.Tamén o martes, pero ás 20:15 horas, terá lugar a inauguración da exposición “O que permanece”, con fografías de Marc Ritchie.
MÉRCORES, SOBRE DEXENERACIÓN MACULAR
O mércores, ás 19:30 horas, haberá unha conferencia sobre “Dexeneración macular”, a cargo do doutor Ramón Domínguez Fernández. Con esta conferencia celébrase o Día Mundial da Saúde. A dexeneración macular é a principal causa de perda de visión e cegueira entre maiores de 65 anos.
XOVES, A OBRA DE TAPIES E A VANGARDA CATALANA
O xoves, día 8 de abril, ás 20:15 horas, o Centro Cultural da Deputación abrirá as portas a una nova exposición, que terá como protagonista ao pintor catalán Antoni Tapies e aos seus compañeiros na vangarda artística catalana dentro do grupo “Dau al set” (Nome dunha revista de arte).
Xunto con Tápies, o máis internacional do grupo, tamén haberá obras de Joan Brossa, Juan Eduardo Cirlot, Modest Cuixart, Joan Ponç, Arnau Puig e Joan-Josep Tharrats.Esta exposición, que leva por título o do colectivo “Dau al set”, poderá visitarse ate o día 16 de maio e xurde como froito da colaboración que o Centro Cultural da Deputación ven mantendo dende hai anos con Ibercaja e a súa obra cultural.
VENRES, ARTE SOLIDARIO E HERÁLDICA
O venres, día 9 de abril, o Centro Cultural da Deputación inaugurará unha terceira exposición. Trátase da mostra “Arte e solidaridade”, na que un importante grupo de artistas galegos ceden as súas obras a favor de Proxecto Home. É a cuarta exposición deste ciclo e será inaugurada ás 20:30 horas.Antes, ás 19:00 horas, o Centro Cultural acollerá a presentación do boletín número 8 de estudios de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia. Este número achégase ás 400 páxinas e inclúe 19 artigos de investigación.A presentación deste volume abrirase coa conferencia “El enorme atractivo y calidad heráldica en las calles de Ourense”, impartida por José Florencio Rodríguez-Montero Valladares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario