2 de abr. de 2010

GALICIA

Máis de 120 mulleres vítimas de violencia de xénero en Galicia realizarán cursos de defensa propia

Infogauda / Galicia

A Secretaría Xeral da Igualdade organiza estes cursos en colaboración co Sindicato Unificado de Policía.
Entre os obxectivos destes cursos están que as vítimas asuman que elas poden contribuír á súa seguridade e que certas normas e costumes poden marcar a diferenza ante un intento de agresión.
En total impartiranse oito cursos, de 12 horas cada un, nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Ourense.
As mulleres recibirán clases teóricas e prácticas, nas que aprenderán tácticas ofensivas e defensivas en diferentes circunstancias.

Ler máis.

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo oferta máis de 800 prazas para que os maiores poidan participar no Programa de turismo social
Os maiores que estean interesados en participar no programa poderán escoller entre as modalidades de turismo termal, de intercambio ou de praia.
As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 10 de abril no Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, nos centros sociocomunitarios e residencias de persoas maiores da Xunta de Galicia, chamando ao teléfono social 900 333 666 ou dirixíndose aos servizos sociais comunitarios dos concellos ou aos servizos de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde.

Ler máis.

O parque das Illas Atlánticas mellorará o manual de boas prácticas para colectivos con necesidade de integración social

· Portada de Manual de Boas Prácticas

Estas melloras faranse en colaboración coa ONG Solidarios Anónimos e con Carlos Mañas, prestixioso especialista en Marketing Social.
Este documento pretende ser unha ferramenta útil para xestionar os recursos que dan vida aos parques nacionais e centros de interpretación da natureza en materia de accesibilidade básica e integración.

Ler máis.

Galicia contará con 2.002.641 euros menos que en 2009, tras a notificación da Secretaría de Estado de Inmigración, cando hai uns meses fora anunciado que a merma era xa dun 50%.
O Goberno central reduce á Xunta un 65% en gasto social destinado a políticas migratorias.
Todas as autonomías verán recortado o gasto en políticas migratorias nun 65%.
O Ministerio de Traballo e Inmigración vén de confirmar un recorte do Fondo que vai dos 200 millóns de euros presupostados en 2009 aos 70 millóns actuais a repartir entre o conxunto das autonomías.
A medida afecta directamente ao Fondo de Apoio para a Acollida, Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes, referente para o traballo en materia de integración social do colectivo.

Ler máis.

Un cento de universitarios galegos poderán estudar idiomas en países da Unión Europea no verán 2010 grazas a unha iniciativa da Consellería de Educación
Os beneficiarios, máis dun 5% máis que no 2009, das bolsas convocadas serán os alumnos e alumnas das universidades galegas, que realizarán os estudos durante tres semanas.

Ler máis.

Presidencia destina 283.000 euros á contratación de auxiliares de policía local durante o verán, un 16% máis que o ano pasado
Poderán solicitar estas subvencións os concellos que non superen os 30.000 habitantes e vexan aumentada de forma notoria a súa poboación neste período.
Deberán contar cun corpo de policía local formado por un mínimo de tres membros e ter presentadas as súas contas correspondentes ao exercicio orzamentario de 2008 no Consello de Contas de Galicia.

Ler máis.

O 012 centralizará o permiso de queimas e outros servizos do teléfono do C.I.A.G.
Non suporá ningún cambio para o usuario, que poderá seguir marcando o número que xa coñece.

Ler máis.

Trátase da primeira convocatoria do total de seis que conformarán este ano a liña de subvencións ao sector por un importe total de 7,1 millóns de euros
A Agadic apoia con 200.000 euros a produción de curtametraxes e de videoclips a través do programa de axudas ao audiovisual.
Poderán presentarse curtas de ficción, documental ou animación gravadas en soporte cinematográfico, así como traballos innovadores ou experimentais en soporte dixital.

Ler máis.

A Consellería de Sanidade pon en marcha un Plan de Asistencia Sanitaria ao Peregrino
O Plan prevé o reforzo da atención sanitaria a través do 061 e da Atención Primaria, e actuacións en materia de Saúde Pública e Inspección.
En anos santos anteriores, o número de pacientes atendidos polo Sistema de Asistencia Sanitaria ao Peregrino do 061 foi superior aos 15.000.

Ler máis.

Mañá venres apagaranse os últimos centros de televisión que funcionan con tecnoloxía analóxica en Galicia

Con estes apagamentos nas áreas técnicas de Domaio e Páramo, culmina o proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre.
Estes últimos apagados analóxicos produciranse en 76 concellos, onde preto dun millón de habitantes pasarán a recibir exclusivamente o sinal de TV dixital.
Os novos equipos de TDT instalados son “totalmente de tecnoloxía galega”, ao igual que as empresas instaladoras.
Alfonso Cabaleiro define este proceso como un “cambio histórico” e unha “revolución tecnolóxica”.

Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario