2 de abr. de 2010

BRAGA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DA GUARDA PARTICIPOU NA PROCESIÓN DA BURRINHA


Reportaxe fotográfica: Lalo Rodríguez Pereira
Infogauda / Braga
Un ano máis, a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, actuó o pasado mércores día 31 de marzo na Procesión da Burrinha, na cidade portuguesa de Braga.
A devandita procesión é un dos eventos máis salientables da Semana Santa da cidade bracarense, e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda vén sendo convidada á participar nesa solemnidade desde fai varios anos.
Organizado, desde 1998, pola Parroquia e pola Junta de Freguesia de S. Víctor, este importante desfile procesional presenta a prehistoria do Misterio Pascual de Xesús que a Igrexa celebra nos días seguintes. Desde o chamamento de Abraham, pasando pola era dos Patriarcas, pola escravitude en Exipto e a xesta libertadora de Moisés (prefiguración de Cristo), ata a infancia de Xesús, incluindo a súa fuga para aquel país con José e María montada nunha burriña.
A procesión tén unha sucesión cronolóxica que constitúe unha catequese viva, coa presenza de profetas, reis, figuras eminentes, símbolos e cadros bíblicos do Antigo Testamento. No esencial, así é representada a Alianza de Deus co seu pobo - «Vós sereis o meu pobo» - e prefigurada a Nova Alianza que será selada co sangue de Cristo.
A proccesión parte da igrexa de S. Víctor, pasando polo Largo da Senhora-a-Branca, Avenida Central (lado norte), Largo de S. Francisco, Rua dos Capelistas, Jardim de Santa Bárbara, Rua do Souto, Largo do Barão de S. Martinho, Avenida Central (lado sul), Largo da Senhora-a-Branca e recóllese na igrexa de S. Victor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario