31 de mar. de 2010

GALICIA

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano baixo a presidencia de Alberto Núñez Feijóo
· Alberto Núñez Feijóo presidiu a reunión do Consello da Xunta
Autora: Ana Varela

Infogauda / Galicia
Para consultar a referencia do Consello da Xunta que se celebrou esta mañá en San Caetano, prema neste enlace.
Consello da Xunta aprobou hoxe un acordo que permite a redución do 7% no prezo do transporte escolar, o que suporá un aforro de entre 9 e 10 millóns de euros anuais que se investirán noutros eidos educativos


O presidente galego deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na reunión de Consello
Autora: Ana Varela
Feijóo anuncia que a Xunta aplicará en maio rebaixas nas peaxes das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor que permitirán un aforro de entre un 25% e un 50% aos usuarios.
A medida beneficiará a uns 30.000 vehículos que diariamente transitan estas vías, cuxos usuarios obterán unha diminución dun 25% na volta, no caso da viaxe de ida e volta no mesmo día, e do 50% cando se realice un segundo ou máis traxectos.
A bonificación será efectiva todos os días, salvo os domingos e os festivos autonómicos e nacionais posto que pretende rebaixar as peaxes a aquelas persoas que utilizan as autoestradas como un medio de desprazamento diario ao traballo.
Considera positivo o acordo acadado coas empresas que realizan o transporte escolar en Galicia posto que supón “máis eficiencia no gasto público, máis investimento en educación e máis compromiso coa educación pública de todos”.
Destaca que para acadar unha maior internacionalización e competitividade das empresas galegas a Xunta incrementará un 127% as axudas á internacionalización e un 30% as axudas á competitividade mediante proxectos empresariais colectivos.
Subliña que hoxe se inicia a tramitación da Autovía do Morrazo, “un compromiso que estaba previsto para o longo da lexislatura e que o anticipamos ao ano 2010”.
O Pesca II xa conta con tripulación operativa as 24 horas do día
· Á dereita o secretario xeral da Consellería do Mar, Francisco Vidal-Pardo e o director executivo España do Grupo Inaer, Jaime Arqué Ginernau
Hoxe asinouse o contrato polo que entra en vigor o novo servizo que permite as gardas físicas na base de Celeiro para que a aeronave estea sempre operativa.
A partir desta noite, o Pesca I e o Pesca II da Consellería do Mar xa están operativos as 24 horas do día durante todo o ano, xa que en xuño implantouse este sistema no Pesca I, con base en Vigo.
Amplíase o persoal do servizo aéreo de Gardacostas, con 10 pilotos e 7 rescatadores máis.
Mar garante así unha maior seguridade en todo o litoral galego cun prazo de resposta de 10 minutos para activar cada aeronave.
Ler máis.

O orzamento crece un 7% este ano para unha mellor atención ás vítimas
Igualdade publica no DOG a convocatoria de axudas periódicas ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
Poderase solicitar esta axuda desde hoxe ata o próximo 31 de outubro.Os retrasos abonaranse a partir da próxima semana e nun só pago.
A modificación da Lei do Solo entrará en vigor o vindeiro día 21 de abril, tras a súa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia
Ao longo da vindeira semana o texto consolidado da Lei estará a disposición na web da Xunta de Galicia.
Os piares deste novo documento son a potenciación da colaboración da Xunta de Galicia cos concellos en materia urbanística, para facilitar e simplificar a elaboración dos planeamentos municipais, unha implicación que é extensiva a outras normas e plans de incidencia na definición do modelo territorial.
Con este novo texto legal acádase unha maior cooperación dos distintos departamentos autonómicos no proceso de documentación e de información, e deste xeito evítase a duplicidade de tramitacións administrativas.
Unha das novidades que achega esta norma é a redución da tramitación autonómica dos plans para lograr unha maior eficacia, polo que se prevé acurtar de tres a dous meses (un 33,33% menos) os prazos das sucesivas intervencións autonómicas no procedemento de aprobación.
O DOG publica a orde para a asignación de 2.235 MW de potencia eólica que permitirá a Galicia volver á vangarda do desenvolvemento enerxético
A Consellería de Economía e Industria responde ao compromiso de ter lista a orde de reparto no primeiro ano de goberno.
A nova orde abre un prazo de tres meses para presentar ofertas a partires do 19 de abril e, a partir de aí, catro meses para a súa avaliación e adxudicación.
A convocatoria estará baseada en tres piares básicos, como son a obxectividade, a transparencia e a seguridade xurídica.
O obxectivo é minimizar os efectos sobre o medio natural e maximizar o impacto socioeconómico asociado aos parques eólicos instalados en Galicia.
O investimento e a creación de emprego serán os criterios fundamentais para a adxudicación de novos parques eólicos.
A orde define 10 zonas integradas por Áreas de Desenvolvemento Eólico nas que se poderán ofertar os parques eólicos, que non poderán ubicarse dentro da Rede Natura.
Os proxectos seleccionados serán os máis eficientes, co menor impacto medio ambiental, e cuxos plans industriais asociados permitan ter un impacto positivo na sociedade galega.
O DOG publica a orde de axudas para os servizos de xestión, asesoramento e substitución nas explotacións agrarias
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contando dende mañá, día seguinte ao da publicación desta norma.
Poderán beneficiarse destas axudas determinadas entidades sen ánimo de lucro, cooperativas e empresas autorizadas para exercer estas actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario