Infogauda / A Guarda
Día tras día, semana tras semana, e diríamos - porque xa non é de agora - que mes tras mes, o informativo local da TVG en Vigo, que presenta Diana Torrado, e que a xeito de resume emítese os sábados é os domingos o mediodía - a partires das 13:45 h., aproximadamente - e tamén no serán, a primeira canle da televisión pública de Galicia; chega os televidentes dalgunhas zoas do Baixo Miño con deficiencias. De tal xeito que somentes se receben as imaxes, pero non a sinal de audio. Desde Infogauda deixamos constancia desa deficiencia, que non por repetida deixa de ser inxustificada, pero que habida conta do tempo transcorrido desde a primeira incidencia coidamos que os nosos representantes públicos - léase grupos de goberno dos concellos, entre eles o da Guarda, onde hai unha concellaría de novas tecnoloxías, que supoñemos que algo debería o respecto - deberan trasladar ás correspondentes notificacións a CRTVG para que no prazo máis breve posible, se solucionen esas deficiencias que non dín nada positivo no que atinxe á calidade de recepción dunha televisión pública.

Ningún comentario:
Publicar un comentario